A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias AGACA organiza o vindeiro 24 de febreiro a xornada ‘Dixitalización nas cooperativas gandeiras’ no marco da Rede Eusumo.
Trátase dunha sesión online orientada a dar a coñecer as tecnoloxías relevantes para o sector gandeiro e os beneficios que poden achegar, ademais de diferentes servizos que poden recibir as explotacións e cooperativas gandeiras no que se refire á dixitalización e adopción de tecnoloxías avanzadas a través dos DIH’s. Na xornada exporanse casos reais de éxito na adopción de medidas de dixitalización e algunhas das ferramentas comerciais que existen.
Programa da xornada
9:30 – 9:45 horas Presentación da xornada
Carlos Ares. Adxunto á Presidencia de AGACA
9:45 – 10:05 horas Introdución á dixitalización e ás tecnoloxías avanzadas no sector gandeiro: de que falamos, por que e para que
Carlos Castro, DIH DATAlife
10:05 – 11:35 horas Inmersión nas tecnoloxías avanzadas clave no sector gandeiro: automatización e robótica, sensores e Internet das cousas, redes de comunicación, intelixencia artificial e big data, drons e sistemas de observación satelital, sistemas de información xeográfica, ciberseguridade e blockchain, realidade extendida e integración e aproveitamento da información
Carlos Castro, DIH DATAlife
11:35 – 11:50 horas Pausa
11:50 – 12:20 horas Estado de situación e tendencias na implementación de tecnoloxías avanzadas clave
Carlos Castro, DIH DATAlife
12:20 – 13:50 horas Casos de éxito de implantacións de tecnoloxías disruptivas e obradoiro práctico en tecnoloxías comerciais: BENIU, SC ROBOTICS, INNOGANDO, CUADERNO DE CAMPO C3, TRIPLE ALPHA, BOALVET
Carlos Castro, DIH DATAlife
13:50 – 14:10 horas Servizos de apoio EDIH DATAlife
Carlos Castro, DIH DATAlife
14:10 – 14:30 horas Dúbidas, preguntas e respostas
Carlos Castro, DIH DATAlife
14:30 horas Fin da xornada
Galego









Control OJD