Formación na certificación da biomasa no CIS Madeira

Publicidade
Formación na certificación da biomasa no CIS Madeira

O director de XERA, Alfredo Fernández Ríos (dereita), na inauguración do Curso de certificación de leña e acha.

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Alfredo Fernández Ríos, destacou hoxe a aposta da Xunta de Galicia por mellorar os coñecementos e habilidades dos profesionais da industria forestal. As declaracións producíronse durante a inauguración do Curso de certificación de leña e acha, organizado polo Clúster da Biomasa de Galicia e a Asociación BIOECO2. A actividade, celebrada no CIS Madeira, busca fomentar a profesionalización no sector.

Este curso forma parte dos apoios que XERA ofrece para a organización de formacións non regradas. O obxectivo é impulsar o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira galega.

Durante a formación, abordarase a normativa e os procedementos técnicos vinculados á certificación de leña e estelas. Así, os participantes coñecerán as obrigas legais, os mecanismos de control e as certificacións dispoñibles.

“A existencia de combustibles normalizados e certificados no mercado permite aumentar a eficiencia da combustión, diminuír as emisións e dar maiores garantías legais a consumidores e produtores, polo que é fundamental para un desenvolvemento futuro do sector”, dixo o director.

Tamén lembrou que a demanda de leñas e estelas aumentou debido aos altos prezos dos combustibles fósiles e da electricidade. O seu uso permite valorizar madeira sen saída industrial.

Neste contexto, sinalou o compromiso da Xunta co uso da biomasa en edificios públicos, como San Caetano, hospitais e centros educativos. A última convocatoria da liña de axudas de XERA para formación non regrada, publicada en 2024, contou cun orzamento de 800.000 euros e beneficiou a máis de 1.000 traballadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información