Formación en transformación de producións alimentarias en Paderne de Allariz

A Deputación de Ourense impulsa un proxecto no que as primeiras accións formativas capacitarán aos produtores na elaboración de conservas vexetais, froitas e verduras e produtos apícolas

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, comezou a formación dirixida aos futuros usuarios do Centro Colaborativo de Transformación para pequenas producións sostibles, situado na estación de ferrocarril de Cantoña, en Paderne de Allariz. Este proxecto permitirá aos participantes adquirir coñecementos sobre a produción de conservas vexetais, froitas, verduras e produtos apícolas.

As actividades forman parte do proxecto “Ecosistema de producións sostibles de alto valor engadido na provincia de Ourense”, financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. O obxectivo é capacitar a pequenos produtores e fomentar a transformación territorial da zona.

Tres cursos iniciais

As primeiras accións formativas abordarán temas de hixiene e manipulación de alimentos, prevención de riscos laborais e trazabilidade. Ademais, no curso sobre normativa sanitaria, os participantes aprenderán a elaborar conservas vexetais artesanais e a deseñar o etiquetado de produtos, así como a preparar a documentación necesaria.

Quen desexe inscribirse nos cursos pode facelo tanto vía online ou nas oficinas do Inorde en Ourense (988 317 930) e Xinzo de Limia (988 317 946).

Un centro para produción sostible

Este centro, que se enmarca dentro da estratexia provincial de impulso a producións sostibles, contará cun espazo interior adaptado a tres liñas de produción: transformación de froitas e conservas vexetais, e envasado de mel e derivados das colmeas.

Consulta aquí o programa formativo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información