Formación en prevención de riscos na apicultura

Formación en prevención de riscos na apicultura

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Sindicato Labrego Galego (SLG) organizarán para o mes de outubro unha formación sobre prevención de riscos, especializado en apicultura.

A formación terá 40 horas de duración e será impartida en Arzúa, no Centro do Queixo e do Mel, os días 9,10, 11, 16, 17, 19, 22, 23, 24 e 25 de outubro, en horario de 15.30 a 19.30 horas.

O curso impartirase no caso de chegar ó mínimo de participantes necesario. Será de balde e para inscribirse as persoas interesadas teñen que enviar os seus datos (nome e apelidos, NIF, teléfono e email) a info@apiculturagalega.es ou chamar ao 981 508 142. O prazo para inscribirse será dende o día 2 ata o 30 de setembro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información