Formación en Ourense sobre métodos de loita contra a vespa velutina

Formación en Ourense sobre métodos de loita contra a vespa velutina

Exemplar de Vespa Velutina

A Oficina Agraria comarcal de Ourense organiza unha xornada técnica sobre “A loita contra a vespa velutina”, que se celebrará a vindeira semana, os días 3 e 4 de decembro, no edificio administrativo da Lonia en Ourense, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

A asistencia é gratuíta, cun límite de 80 prazas. As persoas interesadas deberán enviar a solicitude de incrición cuberta a oac.seca.orense@xunta.es ou chamar ao teléfono 988386535.

O programa é o seguinte:

Martes:
16:00- “Especies invasoras: introdución da vespa velutina. Características da
especie e liñas de traballo”. (Carmen Seijo Coello, UVigo)

18:15- “Servizos da avifauna:o abelleiro europeo” (J.M. Fdez. Pereira)

Mércores:
16:00 – “Comparativa dos métodos de loita contra a vespa velutina:
eficacia. Taller-obradoiro: arpas eléctricas”. (Javier Seijo Muras)

Esta acción formativa está financiada a traves do plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2019 da Consellería de Medio Rural, cofinanciado co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Descarga aquí a solicitude de inscrición

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información