Formación en Bergondo para crear pequenas instalacións de rega dos cultivos

Impartirase de forma presencial no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo desde o 3 ao 7 de outubro, en horario de tarde

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar do 3 ao 7 de outubro no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Guísamo (Bergondo) un curso sobre compoñentes, replanteo e montaxe de pequenas instalacións de rega. Esta formación será presencial e celebrarase en horario de tarde (de 16,00 h. a 20,00 horas).

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, ten como obxectivo que os participantes poidan interpretar un plano dunha instalación de rega, facer a estacaxe correspondente e acometer a súa montaxe coa apertura de gabias, tendido da tubaxe, conexións das distintas pezas de conexión e regadores, probas de estanqueidade e tapado definitivo da rede construída.

O curso está dirixido á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

A inscrición pode facerse a través do seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 881 043, ou enviarse un correo a cfea.guisamo@edu.xunta.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información