
A Escola de Formación Agraria (EFA) Piñeiral de Arzúa e a Fundación Juana de Vega organizan unha xornada de formación orientada a pequenas empresas agroalimentarias e centrada nas estratexias de fixación de prezos dos seus produtos e reforzar a imaxe e a posición no mercado.
A xornada terá lugar o vindeiro 9 de abril nas instalacións da EFA Piñeiral en horario de 9,30 a 17,30. Dado que o número de prazas é limitado, é necesario realizar inscrición previa a través da páxina web da Fundación Juana de Vega. O prazo de inscrición remata o 6 de abril ás 14,00 horas.
As entidades organizadoras sinalan que na xornada se van abordar “as estratexias para aprender a fixar os prezos dos produtos agroalimentarios con criterio, comunicando valor e reforzando a rendibilidade das marcas”
Tanto a Fundación como a EFA consideran que “Defender o prezo dun produto é unha decisión estratéxica nun contexto de mercados cada vez máis competitivos. Na xornada de formación vanse combinar a visión experta e experiencias reais de empresas agroalimentarias galegas de referencia”
As persoas que impartirán a formación teórica e práctica serán:
▪️ Sofía Pérez, consultora en innovación estratéxica e negocio
▪️ Sara Torreiro, Márketing e Comunicación en Casa Grande de Xanceda
▪️ Javier Corrochano, consultor en Iuni Strategic Marketers e formador do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias da Fundación Juana de Vega
▪️ José González, Gandería Lanzán (Ternera Gallega Suprema Ecolóxica)
▪️ Tamara Castro, Sacrapastas (obradoiro artesanal das Galletas de Xián)
▪️️ Álex Moure, Kalekói (lácteos artesanais con leite Beta Caseína A2)
▪️ José María Calo, Bico de Xeado (Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, produción de leite e xeados)
Os organizadores sinalan como obxectivos que os participantes entendan as claves da fixación de prezos, a defensa do valor do seu produto e a non basear o prezo exclusivamente no custo, incorporando percepción de valor e segmentación. E tamén que sexan capaces de aplicar algunhas técnicas para definir prezos con impacto.
Galego









Control OJD