Fonterra valora coimpulsar unha poxa europea de produtos lácteos

A industria neozelandesa chega a un acordo co mercado de futuros EEX, que opera na UE, para evaluar a posibilidade de establecer unha subasta de produtos lácteos europeos, similar ó Global Dairy Trade

Fonterra valora coimpulsar unha poxa europea de produtos lácteos

A firma neozelandesa Fonterra é unha das principais industrias lácteas a nivel mundial.

A industria neozelandesa Fonterra, unha das principais multinacionais lácteas a nivel mundial, valora coimpulsar en Europa un mecanismo de subasta de produtos lácteos industriais. Fonterra e o mercado de futuros EEX, que opera na UE desde o 2015, evalúan a posibilidade de crear unha poxa circunscrita a Europa que sexa similar ó Global Dairy Trade, o sistema de subastas xestionado por Fonterra que é referencia de precios internacionais.

O Global Dairy Trade celébrase dúas veces ó mes, con participación de 520 licitadores de máis de 80 países. A evolución de prezos quincenal das súas poxas en produtos como o leite en po, a manteiga, os queixos industriais ou o soro permite ademais valorar as tendencias nos mercados leiteiros.

Desde Fonterra e desde o EEX consultarán nos próximos meses con compradores e vendedores de produtos na UE a posibilidade de crear un sistema de poxa deseñado para o mercado europeo. “Cremos que a nosa proposta pode beneficiar á cadea de valor dos produtos lácteos, proporcionando outra canle de negocio para exportacións, así como creando novos datos de mercado que poidan ser usados por potenciais instrumentos de xestión de riscos”, sinalan ambas entidades nunha nota de prensa conxunta divulgada onte.

Xunto coa industria neozelandesa Fonterra, participa no proxecto o EEX, un mercado de futuros que tradicionalmente viña traballando con produtos ligados á enerxía e que desde o 2015 ofrece tamén produtos no ámbito lácteo, en concreto contratos a futuros sobre leite desnatado en po, manteiga e soro en po.

Ao longo dos próximos meses, espérase que tanto Fonterra como o EEX concreten as posibilidades de lanzar a poxa europea de produtos lácteos industriais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información