A multinacional española Sapec Agro presenta este ano Foliveex Millo, un abono foliar líquido especialmente deseñado para mellorar o desenvolvemento do millo forraxeiro nas súas primeiras etapas.
Foliveex Millo é un fitonutriente cunha composición completa e equilibrada cuxa aplicación en millo cobre as principais carencias nutricionais que poida haber no solo da parcela. Desta forma achega:
-Subministración de aminoácidos, especialmente Glutámico.
-Subministración inmediata dos principais nutrientes.
-Mellora do crecemento vexetativo do millo polo seu alto contido en nitróxeno.
-Efecto paliativo das posibles carencias latentes, debido ao seu contido en micronutrientes.
-Mellora da asimilación e rápida utilización dos macro e micronutrientes polo millo grazas á achega de aminoácidos.
A formulación é 12-6-4 con aminoácidos e microelementos. Así, xunto a aminoácidos libres e nitróxeno en diversas formas químicas, o seu contido inclúe fósforo, potasio e micronutrientes como boro, cobre, ferro, manganeso ou zinc.
Foliveex Millo aplícase mediante pulverización foliar a unha dose recomendada de entre
o 0,25 % ao 0,40 % (250-400 mL en 100 litros de auga). Comercialízase en garrafas de 5 litros.
Ademais, este fitonutriente pódese mesturar cos herbicidas, funxicidas e insecticidas habituais.
Entre outros distribuidores, Foliveex pódese adquirir a través da rede de establecementos da cooperativa Delagro.