Folga de entrega de becerros e vacas por parte da asociación Gandeiros Galegos da Suprema

Gandeiros Galegos da Suprema acudiu á manifestación celebrada en Madrid o pasado 23 de xaneiro

Gandeiros Galegos da Suprema nunha manifestación en Madrid. Foto: Arquivo

No día de hoxe, a Asociación “Gandeiros Galegos da Suprema” celebrou unha Asamblea Extraordinaria na que se decidiu:

-Comezar unha folga de entrega de animais (becerros e vacas). Consiste nunha paralización de calquera tipo de movemento nas explotacións dos animais con destino tanto para matadeiro como para vida dende o 30/07/24 ao 07/09/24. 

Como comprobante de que se secunda a folga, a asociación acordou pedir aos socios e socias un histórico de movementos desas datas para acreditar que non realizou movementos de saída na explotación.

Gandeiros Galegos da Suprema non descarta “outro tipo de medidas ata que teñamos unha reunión coa industria e a distribución para dotar uns prezos dignos en orixe”.

“Non olvidedes que todos xuntos e loitando por un mesmo fin, conseguiremos os nosos obxetivos: Un prezo digno en orixe”, lembran dende a asociación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información