A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Foi empezar a usar o leite dietético e acabáronse as diarreas nas becerras”

Tres ganderías que están a usar o leite maternizado de Galidiet contan a súa experiencia co produto: mellora do sistema dixestivo e inmunitario, maior apetito e inxesta e máis desenvolvemento e crecemento ao destete

Becerras de recría na gandería Corona Mourelle SC da Pastoriza, que usa os produtos de Galidiet

Becerras de recría na gandería Corona Mourelle SC da Pastoriza, que usa os produtos de Galidiet

As diarreas neonatais son, xunto coas pneumonías, as principais causas de mortandade entre as becerras de recría e as culpables do retraso no crecemento das xatas e da perda de leite en toda a vida produtiva do animal.

Atallar este problema, habitual na maioría de explotacións, xa é posible grazas aos leites dietéticos que fabrica en Galicia a empresa Galidiet e que combinan o poder de crecemento do lactoreemprazante máis completo do mercado, elaborado coas mellores materias primas, co efecto protector sobre o sistema dixestivo e inmunitario que aportan os produtos dietéticos naturais incluídos tamén na mestura.

Os efectos dunha diarrea no período lactante arrástrase durante toda a vida adulta da vaca, que será menos produtiva e máis propensa a enfermidades

Galidiet dispón de tres formulacións diferentes que aportan ao animal aquilo que precisa en cada momento, desde o momento posterior ao encalostrado inicial até a fase de destete. As becerras que toman leite dietético vense máis vitais, teñen máis apetito e medran máis, polo que é posible adiantar a idade de inseminación e, en consecuencia, o momento do primeiro parto.

O leite de Galidiet ten máis graxa e proteína que os lactoreemprazantes que hai no mercado, polo que as xatas medran máis

O leite dietético de Galidiet comercialízase en formato de saco de 20kg e pode usarse tanto en amamantadoras, onde reduce o risco de contaxio entre animais, como dalo ás xatas nos boxes habituais de recría tanto en caldeiro ou biberón.

Unha solución integral para a recría

A empresa de leites maternizados e suplementos nutricionais Galega de Dietéticos (Galidiet) sacou ao mercado a principios deste ano o primeiro leite con compoñentes dietéticos que existe no mercado, capaz de lograr animais de recría que medran sans até o momento do destete.

A diarrea é a causa máis común de morte en becerras lactantes

Trátase dun produto 2 en 1 que suma ás propiedades nutricionais do leite premium de Galidiet as funcións estabilizadoras do tránsito intestinal dos sobres rehidratantes e antidiarreicos elaborados a base de produtos naturais.

Coñecemos cal é a valoración que fan tres explotacións leiteiras das provincias da Coruña e Lugo que están a usar o produto:

Granxa Virgen del Camino (Curtis)

“Con este leite as xatas non enferman e van coma tiros”

Fran e María, xunto aos boxes das xatas lactantes

Fran e María, xunto aos boxes das xatas lactantes

Granxa Virgen del Camino é unha gandería familiar situada na parroquia de Fisteus (Curtis) que leva máis dun ano usando o leite dietético de Galidiet. Destacan a melloría no crecemento, condición corporal e estado sanitario das becerras. “Tiñamos problemas de cryptosporidiose na granxa, pero empezamos a dar o leite dietético e desapareceron por completo”, din.

“A partir do terceiro ou cuarto día, en canto toman o costro e o leite de transición da nai, empezamos a darlles leite dietético e mantémosllelo até os 30 días, que para min é o período máis crítico para as xatas”, afirma Fran Regueira Camaniel, que xunto á súa irmá Mari se encargan da explotación.

O primeiro mes é o período máis crítico para as xatas e con este leite reforzamos o seu sistema inmunitario

“Desde que lles damos Sustanza Vital as xatas son outras completamente, están máis brillantes e lustrosas. Con este leite van coma tiros”, asegura. Ao non enfermaren, as becerras medran máis, polo que poden inseminalas antes, normalmente aos 10 meses, conseguindo que o primeiro parto das xovencas se sitúe no entorno dos 18 meses.

Tiñamos bastantes problemas de cryptosporidiose pero con este leite desapareceron por completo

“Nós vacinamos as vacas preñadas un mes antes do parto fronte a E.coli, polo que os primeiros días as xatas están protexidas pero tiñamos problemas de diarrea despois, entre os 10 e os 20 días de vida das becerras, pero eses problemas con este leite desapareceron por completo. Non o cambiamos por ningún outro”, di Mari.

A maioría destas diarreas na granxa estaban causadas por un protozoo, o Cryptosporidium parvum, que se desenvolve e multiplica no intestino das becerras, provocándolles descomposición, deshidratación e debilitamento xeral. “As xatas quedan estropeadas, porque morrer non morren normalmente, pero van arrastro e no primeiro parto é cando ves as consecuencias”, argumenta Fran.

Este leite custa un pouco máis, pero ao final, se fas ben as contas, aforras moitos cartos

“Era un problema grave, porque había contaxios e recontaxios entre elas e tiñamos que acabar tratándoas con antibióticos, pero hoxe os tratamentos están cada vez máis limitados, ademais do custo e do traballo engadido que supoñen”, engade.

Agora, di, o manexo da recría é moito máis sinxelo: “tan só hai que poñerlles de comer e facerlles a cama cando toca; non temos que estar perdendo o tempo con elas e o crecemento é moito maior, porque ao non enfermar todo é comer e medrar”, asegura.

Ao non enfermar, o crecemento das xatas e maior e destétanse con máis quilos de peso, o que nos permite inseminalas antes

A eliminación por completo da cryptosporidiose na explotación produciuse cando levaban un par de meses dando o leite de Galidiet, a medida que ao non haber animais enfermos o reservorio do patóxeno causante nas camas e casetas tamén desapareceu. Desde entón, non volveron ter ningún outro caso de diarrea. 

Corona Mourelle SC (A Pastoriza)

“Usamos os leites de Galidiet tanto nos boxes como despois na amamantadora e funcionan moi ben”

Iván, xunto ao lote das becerras que están na amamantadora

Iván, xunto ao lote das becerras que están na amamantadora

Gandería Corona Mourelle SC usa os leites de Galidiet desde xaneiro deste ano. Nos boxes ás becerras danlles Sustanza Vital os primeiros 15 días de vida, que é o momento no que pasan para a amamantadora, onde son alimentadas con Leche Madre, o lactoreemprazante de Galidiet pensado para dar até o destete.

“Antes dabámoslles leite das vacas a primeira semana e despois xa ían para a amamantadora, pero sempre tiñamos aí un momento aos 9 ou 10 días no que se puñan un pouco blandas, polo que decidimos retrasar o cambio até que teñen 15 días para que pasaran ese episodio de descomposición nos boxes e non na amamantadora. Agora, dando Sustanza Vital eses problemas desapareceron por completo”, asegura Iván Fontela, que leva a granxa xunto ao seu fillo Raúl.

Notamos que as xatas arrincan mellor e están máis fortes porque non teñen ningún día malo, non hai ningún día que perdan de comer e teñen unha progresión continua

“Notamos que as xatas arrincan mellor e están máis fortes porque non teñen ningún día malo, non hai ningún día que perdan de comer e teñen unha progresión continua. Mamando leite de vaca sempre tiñamos aos 9 ou 10 días un momento no que tiñan un pouco de diarrea pero desde que lles damos Sustanza Vital eliminouse por completo e as xatas non teñen ningún día de perda de crecemento”, indican.

“Non volvemos dar outro sobre”

Corona Mourelle SC entrou en contacto cos produtos de Galidiet a través dos sobres rehidratantes Neodiet Plus, utilizados para cortar a diarrea nas becerras. “Antes, cando lles dabamos leite de vaca, usabamos os sobres para a descomposición, pero agora, desde que damos o leite dietético Sustanza Vital, non volvimos usar outro sobre”, conta Iván.

Os tres primeiros días toman o costro e o leite de transición da nai e despois xa lles empezamos a dar Sustanza Vital

O manexo actual das becerras lactantes na granxa nestes momentos consiste no encalostrado inicial, a alimentación 15 días nos boxes individuais con biberón e o reagrupamento posterior na amamantadora. O uso de leite dietético nas primeiras semanas reforza o sistema inmunolóxico das xatas e evita os contaxios posteriores.

“Se evitas as diarreas estás eliminando as pneumonías”

“Ao non ter ningún problema nos primeiros 15 días, a xata entra forte na amamantadora e non nota o cambio porque entra mamando xa 8 litros”, detalla. Ao mesmo tempo, iso tamén serve para previr as enfermidades e contaxios comúns nas amamantadoras. “ As diarreas acaban derivando en pneumonía, porque báixanlles as defensas. Así que se evitas as diarreas estás eliminando as pneumonías”, di Iván.   

O uso de leite dietético nas primeiras semanas reforza o sistema inmunolóxico das xatas e evita os riscos de contaxio na amamantadora

Ademais dos retrasos no crecemento, evitar diarreas e pneumonías supón menos traballo nunha granxa. “Antes, se a xata estaba enferma non a podías pasar á amamantadora e tiña que estar unha semana ou dúas máis nos boxes. Iso require máis atención e máis tempo”, recoñece.

Na amamantadora, nesta granxa da Pastoriza están a usar tamén o lactorreemprazante de Galidiet Leche Madre, que está pensado para dar a partir do primeiro mes de vida e até o destete. No caso de Corona Mourelle SC, destetan aos 83 días.

Gandería Cid (Barreiros)

“Nós mandamos as xatas a un centro de recría e é moi importante que vaian fortes”

Bonet, xunto ao seu fillo Xoel, coas xatas de recría da granxa

Bonet, xunto ao seu fillo Xoel, coas xatas de recría da granxa

Gandería Cid de Barreiros fai un manexo diferente do leite dietético de Galidiet. Neste caso, utilizan Sustanza Vital mesturado co lactoreemprazante habitual que estaban a usar na granxa (dous terzos de lactoreemprazante e un terzo de Sustanza Vital).

“Empecei a utilizalo fai un ano porque tiña algunha xata que se quedaba un pouco atrás, como se tivese algo de falta de enerxía. Este leite ten un aporte maior de graxa, proteína, vitaminas e minerais e é un bo complemento”, asegura Bonet Cid.

“Eu en condicións normais utilízoo mesturado con leite, unha cantidade arredor de 20-30 gramos por becerra, en función das necesidades que lle vexa. Pero se un animal ten diarrea ou está moi débil, douno só, sen mesturar”, conta.

Vacinamos contra E.coli porque cando se xuntan becerras de distinta procedencia no centro de recría os riscos de contaxio son maiores

Gandería Cid envía as súas xatas ao centro de Recría Castro, onde se xuntan animais procedentes de 60 ganderías da provincia de Lugo. Por iso, recoñece Bonet, que as becerras vaian fortes é moi importante para evitar posibles contaxios.

Ao naceren, Bonet dálles con sonda entre 3 e 4 litros de costro, mantendo o leite materno os dous primeiros días de vida. Tras esas tomas iniciais, as becerras, ubicadas en boxes individuais, comezan xa a tomar xa Sustanza Vital, que manteñen até que se marchan ao centro de recría, con entre 15 e 20 días de vida, unha vez que chega a proba de cartílago que confirma que son negativas a BVD. “Nese primeiro mes é cando é máis importante cubrir as súas necesidades nutricionais e de vitaminas”, opina.

Isto non é unha cachena ou unha rubia galega, que mama e sae para diante soa; a frisona necesita axuda e outros cuidados

Gandería Cid emprega seme sexado e pon azul belga aos descartes. “Non sei por que, pero os cruces con carne teñen outra enerxía e outra vitalidade, pero as becerras frisonas necesitan outros coidados, e máis se é de seme sexado, que parece que nacen sen gañas de vivir; non é unha cachena ou unha rubia galega que mama e sae para diante soa; a frisona precisa axuda”, di.

Brote de salmonela

Recentemente tiveron un foco de salmonela na granxa que mesmo provocou a morte dalgunha xata. “É un problema moi gordo en becerras, porque a salmonelose é mortífera”, recoñece Bonet. Para atallalo, ademais de extremar a hixiene das camas e a limpeza dos boxes para evitar os contaxios, axudáronse do poder nutricional do leite dietético para sacar adiante os animais enfermos, tratados con antibiótico. “Os síntomas son unha diarrea con sangue e as becerras quédanse sen forza”, explica.

Ningún produto, por si só, fai milagres. Cando xorde un problema, como tivemos nós de salmonelose, hai que localizalo e atallalo

“Eu penso que é un bo produto, unha axuda máis, pero nas becerras pequenas o manexo é moi importante. Non é dar o produto e olvidarte, non é un produto milagre porque milagres non hai e se fas todo o resto mal, por moi bo que sexa o produto o resultado vai ser malo e dirás que non che funciona, pero o produto non ten a culpa, porque cando traballas con lactantes hai moitos outros factores que inflúen ademais do leite”, asegura.

Ao enviar a recría a Castro, nesta gandería de Barreiros manteñen os xatos de cruce con azul belga e os machos frisóns até o mes. Toman tamén, igual que no caso das femias, Sustanza Vital os primeiros 15 días e iso fai que collan máis quilos e teñan maior valor de mercado. “Dán máis traballo telos na casa un mes pero eu penso que neste momento, co prezo que teñen, merece a pena”, afirma.

CONTACTO:

Para recibir mostras ou coñecer máis información sobre os produtos de Galidiet chamar aos teléfonos 606044802 (Ernesto) e 627086540 (Lucía) ou mandar un email a infogalidiet@gmail.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *