As mesas de prezos de Amio decidiron esta semana numerosas fluctuacións nas cotizacións do gando de recría, que sobe en parte das categorías e baixa noutras. En Ternera Gallega, decidiuse manter as cotizacións igual que a pasada semana, cando baixaran 3 céntimos o quilo, unha tendencia á baixa que se rexistra desde inicios de ano pola maior oferta estacional. O sector agarda que a tradicional recuperación do consumo do verán contribúa á alza dos prezos. En gando de abasto, decidiuse a baixada de 5 céntimos en todas as categorías de vacún maior.
En recría, os prezos modificáronse con subas e baixas en todas as categorías de rubia galega, cruces e frisóns. Pódense ver as cotizacións detalladas na táboa que se enlaza a continuación.
Táboa de cotizacións do mercado de Amio (3-6-2015)