Flavescencia Dourada da Vide: Estas son as 28 parroquias ás que se amplía a zona demarcada

Publicidade

flavescencia_douradaA Consellería do Medio Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias pola que se amplían as zonas demarcadas pola praga de corentena da flavescencia dourada da vide.

A finalidade é manter e reforzar as medidas urxentes destinadas á erradicación e control desta enfermidade, que afecta ás vides na comunidade e que supón unha seria ameaza para o sector vitivinícola. En total, a nova zona demarcada comprende un total de 26 parroquias de oito concellos, todos eles da provincia de Ourense: Beade, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo de Miño, Celanova, Cenlle, Ramirás e Ribadavia.

Nas prospeccións realizadas no segundo semestre do ano 2025 detectáronse novas plantas positivas a esta doenza en varios concellos, polo que resulta necesario ampliar novamente a zona demarcada e manter as medidas fitosanitarias establecidas. Trátase dunha acción preventiva que busca frear a expansión dunha praga que afecta o sector vitivinícola galego, especialmente nas provincias de Ourense e Pontevedra.

Actualmente, tendo en conta esta nova ampliación, hai un total de 34 concellos afectados en toda Galicia, dos cales 24 corresponden á provincia de Ourense e os 10 restantes están na de Pontevedra. A relación completa de municipios e parroquias demarcadas pode consultarse na resolución que se publica hoxe no DOG.

flavescencia dourada zonas demarcadas 2026 FLAVESCENCIA DOURADA demarcadas 1 FLAVESCENCIA DOURADA demarcadas 2 FLAVESCENCIA DOURADA demarcadas 3 FLAVESCENCIA DOURADA demarcadas 4

Ligazón á resolución no DOG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información