Fixado en 90 euros por vaca nutriz o importe das axudas asociadas para a campaña 2020

Fixado en 90 euros por vaca nutriz o importe das axudas asociadas para a campaña 2020

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publicou este venres o importe provisional da axuda asociada da PAC para as gandarías que manteñan vacas nutrices neste 2020.

Para esta axuda diferéncianse dúas rexións: España peninsular e rexión insular. A dotación orzamentaria ascende a 187.294.000 € para a rexión España Peninsular e 451.000 € para a rexión Insular.

O FEGA fixou para esta campaña os importes unitarios provisionais seguintes:

– Para a rexión España Peninsular: 90,11 €/animal

– Para a rexión Insular: 148,92 €/animal

As comunidades autónomas poderán realizar o pago de anticipo antes do 1 de decembro de 2020 no caso desta axuda á vaca nutriz, que poderá alcanzar até o 70 % do pago total. Con posterioridade as comunidades autónomas comunicarán de novo ao FEGA, antes do 15 de marzo de 2021, o número total de animais determinados para o pago da axuda, con obxecto de poder calcular o importe unitario definitivo a aplicar, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados con este importe unitario provisional.

Recalcar o carácter provisional do importe unitario establecido de cara o pago do anticipo. Coa información que remitan as comunidades autónomas correspondente ao número total de animais determinados para o pago da axuda en marzo do ano próximo, o importe unitario definitivo que se calcule a partir destes novos datos podería variar respecto o importe provisional, e non sempre tería que facelo á alza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información