As opinións e puntos de vista expresados só comprometen ao seu autor e non reflicten necesariamente os da Unión Europea. Nin a Unión Europea nin a autoridade outorgante poden ser considerados responsables deles.

Fixado en 85 euros o importe definitivo das axudas asociadas por vacas de carne

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar os importes definitivos das axudas asociadas por vacas nutrices de carne, correspondentes á campaña 2021, e que ascenden a 85,09 euros por animal, o que supón un descenso respecto dos 88 euros de axuda por animal establecidos na anterior campaña.

A dotación orzamentaria para a campaña 2021 ascende a 182.768.005,41 € para a rexión peninsular e 442.000 € para a rexión insular. Este importe repártese entre 2.147.788 animais cumpriron os requisitos establecidos no citado Real Decreto respecto da rexión España peninsular, e 3.130 animais en relación á rexión Insular, fixándose por iso os importes unitarios de 85,09 €/animal para a rexión España peninsular e 141,21 €/animal para a rexión insular.

Estes importes unitarios definitivos aplícanse, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados cos importes unitarios provisionais.

FECA PAC 2021 VACUN carne

As Comunidades Autónomas xa finalizaron os controis destas axudas e puideron facilitar ao FEGA o número de animais determinados en base ao cal se establece este importe unitario.

A partir deste momento, as Comunidades Autónomas poderán realizar o cálculo dos importes que corresponden a cada gandeiro e ordenar o pago destas axudas.

Consulta aquí a nota informativa do FEGA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información