Fixada en 29,61 euros por animal a axuda asociada por cebo de tenreiros

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar os importes unitarios definitivos das axudas asociadas para vacún de carne para a campaña 2020.

Establecéronse os seguintes importes unitarios:

– 29,61 €/animal para os tenreiros cebados na mesma explotación de nacemento na rexión España Peninsular.

– 15,74 €/animal para os tenreiros cebados que proceden doutra explotación na rexión España Peninsular.

– 79,21 €/animal para os tenreiros cebados na mesma explotación de nacemento na rexión Insular.

– 46,65 €/animal para os tenreiros cebados que proceden doutra explotación na rexión Insular.

CEBO DEFINITIVO 2020 1

Axuda por Dereitos Especiais

O número de animais con dereito a pago desta axuda ascende a 27.681 , segundo se desagrega a continuación por comunidades autónomas, o que supón que o importe unitario definitivo quede fixado en 52,02 €/animal.

A continuación, inclúense os datos comunicados polas diferentes comunidades autónomas, e que serviron de base para a realización do cálculo do importe:

CEBO DEFINITIVO 2020 2

Este importe unitario definitivo aplícase, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados co importe unitario provisional. Por tanto, con este importe unitario definitivo, xa é posible proceder ao pago do 100% do importe total a abonar polos citados réximes de axuda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información