A Finca Mouriscade sitúase como a segunda granxa a nivel xenético en toda España

A Deputación de Pontevedra, propietaria da gandería, destaca a súa aposta por situala como unha referencia do sector lácteo, con servizos punteiros para as granxas da provincia

A Finca Mouriscade sitúase como a segunda granxa a nivel xenético en toda España

Luis López e a deputada provincial Belén Cachafeiro, hoxe en rolda de prensa en Lalín.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, fixo hoxe un balance do ano da actividade do organismo provincial nas comarcas de Deza e Tabeirós – Montes, nas que a Deputación investiu 16 millóns de euros este ano en infraestruturas e obras. Como parte do balance, López subliñou a aposta da Deputación pola Finca Mouriscade, a gandería de leite que xestiona en Lalín, que experimentou un impulso no último ano e medio

De feito, a gandería vén de ascender no ránking xenético (ICO) das granxas de leite, ata situarse en segunda posición a nivel de toda España, a raíz do traballo que está facendo coa importación de embrións de alta xenética.

A idea do organismo provincial é continuar coa liña de reforzar tanto a Finca Mouriscade como o Laboratorio de Mouriscade, especializado na análise de forraxes. “Son fillo de gandeiro e para min é un orgullo que en Lalín teñamos un Laboratorio e unha gandería de xenética punteira”, subliñou.

A Finca de Mouriscade está a impulsar os servizos en xenética ás ganderías de leite, con subastas periódicas de xovencas e coa oferta de embrións de alta xenética para as granxas.

Este ano, a Finca fixo tamén cesión de 12 hectáreas de espazos para espazos expositivos que proxecta o Concello de Lalín. Preguntado sobre unha posible transferencia futura de Mouriscade á Xunta, López eludiu pronunciarse e sinalou que é preciso traballar nas transferencias entre ambas institucións cunha planificación integral.

Apoio ó cooperativismo
O presidente da Deputación, Luis López, incidiu tamén na suba dos apoios da Deputación de Pontevedra ás cooperativas da provincia, que subiron un 40%, con axudas de 350.000 euros no último ano.

López subliñou a importancia de apostar pola economía do rural, así como polo reto demográfico, polo que parte dos investimentos do organismo provincial teñen en conta criterios de perda de poboación e envellecemento: “O papel da Deputación é colaborar cos 61 Concellos da provincia en lograr comarcas competitivas, apoiando ó tecido empresarial e a todos os colectivos, e apostando pola desestacionalización do turismo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información