
Animais acabados de parir e xovencas próximas ao parto con todas as garantías sanitarias. Así son as 23 vacas que se van poxar o vindeiro 19 de novembro en Lalín. A poxa terá lugar nas instalacións da Finca Mouriscade, da que proceden os animais, dende as 11,00 horas. Como é habitual, a poxa irá por tramos de 50 euros en cada oferta.
A meirande parte das vacas naceron nos anos 2022 e 2023, agás unha de 2020 e outra de 20201. Son todas exemplares das liñas xenéticas selectas coas que se traballa en Finca Mouriscade. Na documentación da poxa adxúntase a identificación do pai, a nai e a avoa materna de cada animal.
O prezo de saída de todos e cada un dos exemplares é de 1.750 euros. Para poder participar na poxa, é preciso inscribirse antes do próximo mércores, día 5 de novembro, de forma telemática na sede electrónica da Deputación Provincial de Pontevedra (https://sede .depo.gal/) e mediante instancia xenérica dirixida ao Servizo de Contratación.
Ademais do modelo de inscrición, é preciso aportar unha declaración responsable asinada de estar
inscritos no Rexistro de Explotación Gandeira (REGA) e non estar en ningún dos casos de incapacidade, prohibición ou incompatibilidade.

Os 23 animais son de alta xenética resultado dos traballos desenvolvidos en Mouriscade
Malia as restricións para a celebración de feiras e poxas de gando vacún logo da aparición en España da Dermatose Nodular Contaxiosa, confíase en que se poida celebrar tendo en conta que os animais proceden todos de Mouriscade e sempre estiveron nas mesmas instalacións. Por motivos de control sanitario, o gando vacún poxado só o poderán ver as persoas interesadas o mesmo día da poxa, na Finca Mouriscade
Sen embargo, a información sobre as vacas pódese consultar nos certificados zootécnicos emitidos pola Confederación de Asociacións de Frisona Española (CONAFE), que constan no expediente, no que se detallan as producións de control leiteiro e o estado no que se atopan as reses (inseminadas, xestantes ou paridas). Tamén se pode obter información adicional enviando un mail a contratación@depo.es
Pódense consultar as bases íntegras da poxa no seguinte enlace:
https://mouriscade.depo.gal/es/-/noticia-iv-subasta-mouriscade
Galego









Control OJD