Finca Mouriscade, gandería da Deputación de Pontevedra situada en Lalín, e un referente en xenética de gando Frisón, organiza unha poxa pública de 17 animais do seu rabaño para o día 29 de abril.
A poxa celebrarase ás 11:00 horas e para participar é imprescindible a inscrición a través da sede electrónica, prazo ata o 16/04/2025.
Requisitos para poder participar na poxa:
Realizar a inscrición exclusivamente a través da sede electrónica mediante unha instancia xenérica en liña (https://sede.depo.gal/web/public/catalog-detail/50709505 ) dirixida ao servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio.
Anexar á instancia xenérica os documentos:
Modelo Anexo I.
Acreditación da personalidade:
No caso de persoas físicas: copia do documento nacional de identidade ou pasaporte en vigor.
No caso de persoas xurídicas: escritura de constitución inscrita no rexistro correspondente e o DNI en vigor.
Acreditación de estar inscritos no Rexistro de Explotación Gandeira (REGA) para as explotacións de fóra de Galicia.
Contacto da Finca Mouriscade: administracion.mouriscade@depo.es e no 886 217 200 ou no 986 804 100
Galego









Control OJD