A Deputación de Pontevedra toma a medida de retrasar a poxa de animais da gandería da Finca Mouriscade como medida de prevención ante a dermatose nodular contaxiosa. Así mesmo, dende a institución provincial piden “tranquilidade” ao sector gandeiro e lembran que a poxa conta coa autorización da Consellería de Medio Rural e que todos os animais cumpren coas garantías xenéticas e sanitarias.
A poxa está previsa para o 3 de decembro, data na que sairán 23 vacas frisoas cun prezo de 1.750 euros. Durante a poxa, as ofertas económicas non poderán ser, en ningún caso, inferiores ao importe sinalado como prezo de saída no catálogo.
A partir do importe indicado, o incremento poderá facerse de viva voz, alzando o cartel co número de identificación da persoa licitadora e en tramos de 50 euros. O proceso finalizará no momento en que deixen de presentarse novas ofertas, quedando como persoa licitadora aquela que tivese realizado a poxa máis elevada (no caso de empate, acudirase ao sorteo).
A Finca Mouriscade é a segunda mellor explotación gandeira de toda España. En catro anos, a gandería pasou do posto 35 ao 2 no índice combinado ICO, que avalía a calidade xenética dos animais. Esta clasificación apuntala o centro como unha referencia no sector agrogandeiro a nivel nacional.
Ademais, confirma que as tenreiras que naceron en Mouriscade a partir dos últimos embrións, así como o traballo realizado polos profesionais do laboratorio, están a contribuír de xeito decisivo á mellora xenética da gandería e, como consecuencia, á mellora da eficiencia produtiva das ganderías da provincia.
Galego










Control OJD