Finca Míllara é unha pequena adega encaixada na Ribeira Sacra. O traballo coa súa propia uva en bancais de viticultura heroica outórganlle unha forte diferenciación en mercados nacionais e internacionais. A súa ampla gama de viños está acompañada de frescura, en paralelo a unha aposta pola recuperación de castes como brancellao ou merenzao que lle outorgan maior complexidade aos viños.
Outro dos rasgos distintivos desta zona é o entorno privilexiado. O potencial de Finca Míllara e doutras bodegas da Ribeira Sacra para a distinción no enoturismo fai que este lugar, ubicado na caída ao Encoro dos Peares, sexa un reclamo para moitas persoas. Os seus obxectivos futuros céntranse na mellora dos seus viños, en seguir avanzando no manexo das súas terras e no incremento do turismo enolóxico desta zona, sempre desde un amplo respeto a este territorio histórico.
Os viñedos principais desta adega teñen unha extensión dunhas 12 hectáreas, o que fai que sexa unha produción reducida de viño. Igualmente, esta maneira de traballar permite xerar un produto de calidade que compite en mercados internacionais.