A vendima na Denominación de Orixe Ribeira Sacra concluíu cunha colleita que produciu unhas “uvas de excelente calidade”. En verbas do presidente do Consello regulador da D.O., Antonio Lombardía Crespo: “coido que os viños de esta anada vámolos a poder desfrutar durante moitos anos, a calidade coa que entraron as uvas nas adegas foi inmellorable”. A día de hoxe recolléronse 4.881.326 quilos de uva, o que supón unha caída de case 2 millóns de quilos de uva con respecto aos Recogidos 6.659.286 kilos da vendima 2023.
A reducción da recollida de uva por parte das adegas debido á difícil situación de mercado dos viños tintos, posiblemente estea detrás desta brusca caída das declaracións de uva. A venda a particulares de viño caseiro e a granel sen etiqueta son as saídas comerciais destes case dous millóns de kilos de uva que non se contabilizan por parte do Consello Regulador.
En canto ás variedades colleitadas e das que ten rexistro o Consello Regulador nesta vendima foron:
Variedades tintas
Mencía: 3.662.322 kilos
Garnacha: 109.387 kilos
Sousón: 56.286 kilos
Merenzao: 48.778 kilos
Brancellao: 48.585 kilos
Caíño tinto: 41.299 kilos
Tempranillo: 26.152 kilos
Mouratón: 6.193 kilos
Grao Negro: 1.565 Kilos
Variedades brancas
Godello: 719.757 kilos
Albariño: 82. 369 kilos
Treixadura: 53.756 kilos
Dona Branca: 7.371 kilos
Loureira: 7.308 kilos
Blanco Legítimo: 9.062 kilos
Torrontés: 1.136 kilos
Segundo verbas do presidente da DO Ribeira Sacra, “cremos que vai a ser unha anada
excepcional por a calidade da uva que entrou nas adegas, motivado principalmente porque os meses de agosto e setembro polo xeral non tiveron períodos longos de altas temperaturas, refrescando significativamente pola noite, o que provocou una maduración lenta que permite uvas con un grado e unha acidez moi equilibrada. Creo que o noso forte é a singularidade da nosa viticultura das nosas variedades e dos nosos viños. O mercado demanda viños tintos frescos e afroitados e na Ribeira Sacra eses viños os temos de maneira natural”