Fin de semana para queixear en Arzúa: 70 expositores, concertos e un queixo xigante co mapa de Galicia

Fin de semana para queixear en Arzúa: 70 expositores, concertos e un queixo xigante co mapa de Galicia

De esquerda a dereita: Jose Luís García, alcalde de Arzúa; Juan Barral, de Quexería Barral, e Víctor Gómez

Dende este venres e ata o domingo, 10 de marzo, a vila coruñesa de Arzúa convértese na capital galega dos amantes do queixo e da boa música coa 44ª Festa do Queixo de Arzúa 2019.

O recinto feiral abrirase o sábado ás 11:00 horas para o público, que poderá degustar e mercar ao cuberto os produtos de 70 expositores con queixos de todo o Estado e novas queixerías de Lugo, Zamora e León, boa parte delas con premios World Cheese Awards. Tamén haberá lugar para postos de alimentación especializada, de Galicia e de fora, como crema de mirabeis, pimentón de la Vera ou moitos máis produtos gourmet.

Un queixo elaborado con 4500 litros de leite

Igualmente, elaborarase un queixo xigante para o que se empregarán nada menos que 4.500 litros de leite que se verterán nun molde co mapa de Galicia no que estarán representadas as construcións más senlleiras das catro provincias galegas, como a Catedral de Santiago, a muralla de Lugo, a Ponte Romana de Ourense ou as mexilloeiras de Pontevedra, así como o Camiño de Santiago.

Tamén se celebrarán, como xa é costume, obradoiros de elaboración de queixos e catas a cargo da D.O.P. Arzúa Ulloa.

#QUEIXO2019

Velaquí o programa completo:arzua_fESTAQUEIXO_I9_1 arzua_fESTAQUEIXO_I9_2 arzua_fESTAQUEIXO_I9_3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información