Fin de semana para queixear e gozar de boa música en Arzúa

Fin de semana para queixear e gozar de boa música en Arzúa

Este fin de semana a vila coruñesa de Arzúa convértese na capital galega dos amantes do queixo e da boa música coa 45ª Festa do Queixo de Arzúa 2020.

O recinto feiral abriuse este sábado ás 11:00 horas para o público, que poderá degustar e mercar ao cuberto os produtos de 78 expositores, dos que 55 son queixerías de Galicia, principalmente da Denominación de Orixe Arzúa Ulloa, pero tamén de todo o Estado.

Tamén se celebrarán, como xa é costume, obradoiros de elaboración de queixos e catas a cargo da D.O.P. Arzúa Ulloa. #QUEIXO2020

Velaquí o programa completo:

Sábado 29

11 h. APERTURA DE PORTAS RECINTO FEIRAL ‘TERRA DO QUEIXO’
QUEIXEAMOS? Retrátate muxindo cun sorriso no FOTOCOL! Todo o día. Recinto feiral

FOOD TRUCKS durante toddo o día no Campo da feira

11 – 12 h Obradoiro infantil de queixo
Despois de muxir, lavar as mans e por bata e gorro, @s participantes elaboran un queixo fresco e ao rematar 5 queixos máis cos que farán un piano de queixo que tocar despois. Cada nen@ levará para a casa o seu queixo nunha bolsa de tea.

Recinto feiral. 1º andar. 20 prazas. Inscrición no 981500222 ata o 28 de febreiro e, se quedan prazas libres, no stand do Concello durante a festa ata media hora antes.

11 – 13 h Animación de rúa co Grupo de gaitas CASTRO CURBÍN
Recinto feiral, rúas e praza de Galiza

11 – 13 h EXPOSICIÓN CONCURSO DE CARTEIS 45ª EDICIÓN
Capela da Madanela. De 11 a 13 h e de 16 a 18 h (domingo 1, de 11 a 13 h)

12 h INAUGURACIÓN OFICIAL e PREGÓN Campo da feira
Entrega de Premios Concurso de Carteis, 14º Concurso de Tapas e Petiscos ‘Festa do Queixo’ e Arzuán do Ano 2019. PREGOEIRA: BENEDICTA SÁNCHEZ, PREMIO GOYA 2020 A ACTRIZ REVELACIÓN

É a actriz de maior idade en conseguir o galardón cinematográfico nesta categoría. É fotógrafa e actriz, e ten 84 anos. Naceu na parroquia de San Fiz, en O Corgo (Lugo). Con 17 años, foi a primeira galega declarada vexetariana. Emigrada ao Brasil traballou 15 anos como fotógrafa, nunha casa, nun bar e nunha librería… Debutou cun papel protagonista no filme “O que arde”, de Óliver Laxe, interpretación pola que aos seus 84 anos foi premiada co Goya 2020 á mellor actriz revelación.

Entre os actos, actuación DÚO NOITE NA AUGA -violíns-

12:45 h Inauguración Paso de Vaca de Arzúa. Fronte ao recinto feiral

17 – 18 h. Obradoiro infantil de queixo. Recinto feiral. 1º andar. 20 prazas. Inscrición no 981500222 ata o 28 de febreiro e, se quedan prazas libres, no stand do Concello de Arzúa durante a festa ata media hora antes.

18 h 4º FESTIVAL ‘PEQUEQUEIXO’ Praza de Galiza (en caso de choiva capela da Madanela)
«Concerto Punk Infantil» con Peter Punk e Brais das Hortas
Espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e dos cativos.
Peter Punk é un dos pallasos máis programados e destacados en Galicia. Conta con máis de 1.000 funcións ás súas costas en diversos países, programacións e espazos.

Brais das Hortas. Narrador, músico e creador de instrumentos de refugallo. Mestura diversos xéneros como os contos, a música ou os títeres, cunha posta en escena divertida, participativa e retranqueira.

18 – 20 h. Animación de rúa coa CHARANGA SANTA COMPAÑA. Recinto feiral, rúas e praza de Galiza

20.30 h PECHE RECINTO FEIRAL

21.30 h FESTIVAL DO QUEIXO Campo da feira
21.31
EL CAPITÁN ELEFANTE– GAÑADOR CONCURSO QUEIXO MAQUETÓN – | 21.30 h. A banda bilbaína El Capitán Elefante transmite un rock directo e melódico con letras e estribillos pegadizos, acompañados de letras sobre historias cotiás. O seu cuarto traballo, “Electroconfort”, afianza o seu particular son, ideal para os amantes do power-pop/indie-rock nacional. Neste 2020 non paran de pechar novas datas, o que non fai máis que confirmar a traxectoria ascendente dunha banda cunha forte personalidade e un directo irresistible.

TEQUILA | 22.30 h
Grupo de referencia da Movida, #AdiosTequilaTour será unha ocasión histórica e unha oportunidade única de velos e desfrutar do seu incrible directo en Arzúa, e de balde, antes da súa despedida final no Wizink Center en Madrid o 20 de marzo. As súas cancións creceron co paso do tempo converténdose en parte da banda sonora do Rock&Roll nacional. Ariel Rot e Alejo Stivel lévannos ao son orixinal dos seus temas, a calidade que como músicos gañaron co paso do tempo.

NOVEDADES CARMINHA | 00.30 h
O grupo santiagués de punk e garage rock fundado en Madrid no 2007 estréase no festival.A súa música bebe dos grupos punk e garage rock xurdidos no Reino Unido e Estados Unidos a finais dos oitenta e moitas bandas españolas. O seu estilo contén desde melodías atractivas con sentido do humor, ata a simpleza de catro riffs de guitarra e estribillos mordaces. Os seus directos conseguen que o público sexa parte activa do espectáculo.

LADILLA RUSA| 02 h
O grupo catalán de electropop Ladilla Rusa,  porá a fin de festa do sábado.Naceu en 2017 como unha broma de dous amigos de toda a vida, os xornalistas Tania Lozano e Víctor F. Clares. Desde entón, e sempre co humor e a festa como bandeira, o grupo popularizou cancións como “Bebo (de bar en peor)”, “Criando Malvas”, “Princesas” ou a que é xa case un himno de verbena, «Macaulay Culkin». Os seu directo transmite diversión en cada nota, con temas moi bailables.

Domingo 1

10 h APERTURA RECINTO FEIRAL ‘TERRA DO QUEIXO’. QUEIXEAMOS? Retrátate muxindo cun sorriso no fotocol! Recinto feiral. Todo o día. Único requisito: o teu mellor sorriso! J

10.15 – 14 h 2º Torneo Chessand Cheese Arzúa. Torneo para nenos e nenas ata sub14 e un torneo aberto de rápidas válido para Elo FIDE. Local Social de Santa María

11 – 12 h Obradoiro infantil de queixo
Recinto feiral. 1º andar. 20 prazas. Inscrición no 981500222 ata o 28 de febreiro e, se quedan prazas libres, no stand do Concello de Arzúa durante a festa ata media hora antes.

11 – 13 h Animación de rúa Grupo de gaitas FOL DA CHOUSA
Recinto feiral, rúas e praza de Galiza

11 – 13 h EXPOSICIÓN CONCURSO DE CARTEIS 45ª EDICIÓN
Capela da Madanela

11.30 h 4º FESTIVAL ‘PEQUEQEIXO’ Praza de Galiza (en caso de choiva capela da Madanela)

«Barquiño de Pau» con Tropa de Trapo
Espectáculo de teatro de obxectos e música para a primeira infancia. Exploramos os sentidos dunha maneira amena, coa participación das crianzas, con diferentes texturas coma os módulos de papel de estraza, tecidos ou paraugas convertidos en medusas.

E tamén con moita música, ao son do acordeón, da mandola portuguesa, do dizi chinés ou co propio corpo. E as texturas sonoras da buguina, da auga, do papel, da tea… Recitamos poemas e xogamos coas palabras a debuxar ideas. Brincamos coa imaxinación recreando animais con obxectos, o mar con teas ou
medusas con paraugas.

12 – 14 h Animación de rúa con FONDAOS DO PÍFARO
Recinto feiral, rúas e praza de Galiza

12.30 h SESIÓN VERMÚ FESTIVAL DO QUEIXO Campo da feira
MJ PÉREZ
É unha das novas voces do panorama actual da música galega. Defínese como “cantautora”, mais se algo está claro é que MJ non é unha cantautora ao uso. A súa música bebe da esencia da canción de autor, unha fusión de diversos estilos musicais co predominio do rock-pop ata o de agora, mais co seu novo disco emprende un cambio de rumbo no que os ritmos latinos e a música de raíz están máis presentes, xunto cunha voz cargada de personalidade.

17 – 18 h Obradoiro infantil de queixo
Recinto feiral. 1º andar. 20 prazas. Inscrición no 981500222 ata o 28 de febreiro e, se quedan prazas libres, no stand do Concello de Arzúa durante a festa ata media hora antes.

18 h FESTIVAL DO QUEIXO Campo da feira

LUAR NA LUBRE| 18 h
Unha das bandas de referencia da música folk. A súa música non entende de fusións e confusións, de modas e de vaivéns. É un exemplo de lealdade a unha maneira de facer, de descubrir enlaces entre a raíz e o contemporáneo, de constancia en tempos difíciles que sempre dá froitos. En 2018 publicaba novo disco, “Ribeira Sacra”co obxectivo de poñer en valor, a través da música, a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental deste territorio.

BAIUCA (Live Band A/V Show)| 19.50 h
Baiuca, é un proxecto que fusiona o folk galego e a música electrónica. Tras converter a súa mixtape iniciática “Faiado” nunha das preferidas da prensa musical e poñer música ao desfile do deseñador Manso Madrid na Mercedes Benz Fashion Week Madrid en 2018, ve a luz “Solpor”, un álbum que se convertería nun dos mellores para a prensa musical. O disco reeditouse en formato botella de viño con D.O. Ribeiro, vendendo todas as unidades en tan só catro días.

18.30 h. PECHE RECINTO FEIRAL

2020_A3_OBRADOIROS-de-Queixo_FINAL

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información