Fin de semana para gozar das xornadas de portas abertas nos Roteiros dos Viños de Galicia

Publicidade
Fin de semana para gozar das xornadas de portas abertas nos Roteiros dos  Viños de Galicia

Esta fin de semana comeza a novena edición das xornadas de portas abertas nos Roteiros dos Viños de Galicia, unha cita para gozar dos viños e do patrimonio de adegas emblemáticas das cinco denominacións vitivinícolas de Galicia (Valdeorras, Monterrei, Ribeira Sacra, Ribeiro e Rías Baixas).

A Xunta de Galicia mantén estas actividades pero “adaptando o programa ás novas restricións” que estableceu a Consellería de Sanidade para facer fronte ao avance da covid-19.

Desta forma, quedan cancelados todos os buses do viño inicialmente previstos no programa, como consecuencia das limitacións de aforos e de reunión de grupos dun máximo de cinco persoas.

As adegas e museos adheridos ao programa manterán as súas portas abertas nos horarios establecidos e tamén continúan as visitas programadas ás adegas, os menús nos restaurantes e as ofertas especiais nos aloxamentos adheridos, “respectando sempre as normativas e aforos establecidos”.

Programa dos Roteiros dous Viños de Galicia:

-Roteiro dos Viños da DO. Valdeorras:

Do 30 de outubro ao 1de novembro

Consulta aquí a programación

-Roteiro dos Viños da DO. Monterrei:

Do 30 de outubro ao 1 de novembro

Consulta aquí a programación

-Roteiro dos Viños da DO. Ribeira Sacra:

Do 30 de outubro ao 1 de novembro.

Consulta aquí a programación

-Roteiro dos Viños da DO. Ribeiro:

Do 23 ao 25 de outubro

Consulta aquí a programación

-Roteiro dos Viños da DO. Rías Baixas:

Do 23 ao 25 de outubro

Consulta aquí a programación

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información