Fin de semana para disfrutar da Feira do Viño do Ribeiro

Publicidade

Este venres, 29 de abril, comeza a Feira do Viño do Ribeiro, que se prolongará ata o domingo, 1 de maio, cun amplo programa de actividades enolóxicas, gastronómicas e musicias.

O recinto da Alameda de Ribadavia volverá encherse de actividades, entre as que destacan:

•          Exaltación e degustación dos viños do Ribeiro
•          Cata Popular (cataranse a cegas os viños das adegas e colleiteiros presentes na Feira do Viño do Ribeiro)
•          Catas comentadas con recoñecidos sumilleres
•          Gala Entrega Premios da Cata Popular
•          Zona de gastronomía (Food Trucks e pulpeira)
•          Música en directo en sesións de viño-aperitivo (13.30 h – 15.00 h) e sesión nocturna (21.30 h – 23.00 h)
•          Ribeirolandia (Actividades para nenos con atraccións, colchonetas e monitores)
•          Visitas guiadas ao Castelo de Ribadavia e ao Museo do Viño de Galicia
•          Sons do Viño (actuacións musicais en diversas rúas e prazas do conxunto histórico de Ribadavia)
•          Exposición dos carteis históricos da Feira do Viño do Ribeiro

A feira contará con 34 participantes con caseta propia, 20 adegas e 14 colleiteiros da D.O. Ribeiro.

O pregón deste ano correrá a cargo de D. Arsenio Paz, propietario de Bodega A Vilerma e un dos grandes pioneiros e impulsores do momento actual da D.O. Ribeiro.

Entre as principais actividades desta edición destacan as Catas comentadas, que contarán coa presencia de Susana Barros e de Juanjo Figueroa Treus, que serán os encargados de guiar as sete catas que haberá dos viños de adegas e colleiteiros presentes na FVR.

Susana Barros, actualmente sommelier no Hotel Marriot Santo Mauro Luxury Collection en Madrid, local asesorado por Rafa Peña (Restaurante Gresca, Barcelona) impartirá as catro catas da xornada do sábado.

domingo será Juanjo Figueroa, Presidente de AGASU (Asociación Galega de Sumilleres) e director técnico do Instituto Galego do Viño, así como sumiller do Lume de Carozo (Vigo) o que leve a cabo as tres catas de ese día.

Por outra parte, unha actividade xa moi consolidada, como é a Cata Popular, volverá a ter o seu espazo dentro da programación. Será na tarde do venres e ao longo de todo o sábado no local social da Magdalena onde, como en anos anteriores, o público participante catará a cegas os viños que se presenten ao concurso, dos que sairán os viños premiados nas diferentes categorías (branco de adegas, branco de colleiteiros e tintos).

Dentro do recinto haberá unha zona gastronómica, con varias Food Trucks e unha pulpeira, que estarán acompañadas na sesión viño aperitivo (en torno ás 14.00 h) e na sesión nocturna (a partir das 21.00 h) de varios artistas musicais que farán bailar e gozar aos asistentes. Os máis cativos tamén disporán do seu espazo en Ribeirolandia, onde poderán xogar e divertirse mentres os seus familiares degustan un viño tranquilamente.

Como actividades complementarias, poderase visitar o Museo do Viño de Galicia, admirando as fermosas paisaxes da zona e coñecer un pouco máis da cultura histórica e do mundo do viño do Ribeiro. Tamén se levarán a cabo visitas durante toda a fin de semana ao Castelo de Ribadavia e no local da Magdalena, haberá unha exposición permanente durante todo o evento, de tódolos “carteis históricos das edicións da Feira do Viño do Ribeiro”.
Pódese seguir toda a información sobre a Feira do Viño do Ribeiro na súa web e redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter).

Cartel-FVR-2022 feira do viño do ribeiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información