Fin de semana para desfrutar do mel galego en Muras

Fin de semana para desfrutar do mel galego en Muras

Este fin de semana celébrase no concello lucense de Muras a quinta edición da Feira do Mel, un evento referente en Galicia para probar e mercar mel e outros produtos da apicultura (pole, xelea real..etc) directamente aos abelleiros.

“Haberá entre sete e nove postos de venta de mel de xente que o produce no noso territorio, en Muras, e complementaranse con outros produtos agroalimentarios de tempada, como cárnicos, licores, setas, castañas…, ademais de postos de artesanía ou o da Casa do Mel de Goente”, indica o edil de medio rural, Mario Rouco.

Programa:

-Saída micolóxica do sábado 16. Saída ás 9:00 h do Bar a Volta. Para ir hai que apuntarse, gratuitamente, no Concello. A saída estará guiada por José Manuel Castro Marcote, considerado un dos maiores expertos mundiais en micoloxía. Levar roupa de abrigo e calzado axeitado para ir polo monte, ademais de cesta e navalla. O regreso será sobre ás 14:00.

-Concurso de mel do sábado 16. Elixirase o mellor Mel de Muras do ano 2019 nunha cata posterior á análise de laboratorio. Poden asistir todas as persoas que estén interesadas en presenciar o labor do xurado.  Tamén a charla técnica da tarde é de asistencia libre e gratuita.

O domingo, ademais da tradicional feira e o showcooking, haberá como novidade un obradoiro de pan con mel para nenos no que os rapaces farán todo o proceso de elaboración nun forno baixo a supervisión de dous monitores. Tamén poderá visitarse unha mostra das setas recollidas na saída do sábado. Destacable será a actuación de Rocío Varela que amenizará o xantar, e moi especialmente unha demostración de espicha de sidra a cargo do Concello de Nava, que desprazará a Muras unha representación municipal e do Museo da Sidra. Eesta localidade asturiana celébrase cada ano o Festival da Sidra, declarada de Interese Turístico Nacional.

programa feira do mel muras 19

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información