Festa do Pemento de Arnoia: Gastronomía e diversión do 2 ao 4 de agosto

Publicidade

pemento arnoia festaOs vindeiros 2, 3 e 4 de agosto celebrarase no concello ourensán da Arnoia a XLV Festa do Pemento, un dos eventos gastronómicos de referencia no verán galego, no que se combina a degustación desta variedade local de pemento en múltiples platos xunto cunha ampla oferta de lecer para todos os públicos.
Velaquí o programa desta festa declarada de Interese Turístico de Galicia:

VENRES DÍA 2 DE AGOSTO:

21.00h. Recepción das autoridades
Inauguración oficial da XLV Festa do Pemento da Arnoia acompañados do grupo Airiños de Arnoia.
21.05h. Acenderanse os fogóns e comezará a fritura dos pementos
21.30h. Pregón a cargo de Bruxo Queiman
22.30h. Espectáculo musical con Queiman Folk
00.15h. Verbena coa Orquestra Espectáculo Panorama

SÁBADO DÍA 3 DE AGOSTO:

10.30h. V Concentración “A Arnoia” de Vehículos Clásicos do Pemento
12.15h. Acenderemos os fogóns para a fritura dos pementos
12.20h. Animación musical coa Charanga Sorcha
13.00h. Chegada ao recinto da festa dos vehículos participantes na concentración
17.00h. Gran festa infantil no Inquiau con xogos, escuma, olimpiadas…
20.30h. Acendemos de novo os fogóns para continuar coa fritura
20.30h. Animación do recinto coa Charanga Sorcha
21.30h. VIII Festival de Pandereteiras “Arnoia Viva”. Con As Lagharteiras de Mos, Medialeva, Tremelique e Airiños de Arnoia cantareiras.
00.15h. Verbena a cargo da orquestra Ritmo Joven e Disco Móvil MVP

DOMINGO DÍA 4 DE AGOSTO:

12.15h. Acendemos os fogóns para a fritura dos pementos
12.30h. Misa e ofrenda dos froitos da nosa terra no campo da festa coa coral Cantores de Arnoia
13.15h. Amenización da carballeira coa Charanga CLK
20.00h. Volvemos empezar coa fritura dos pementos
20.15h. Ameniza o recinto a Charanga CLK
22.30h. Actuación do grupo Remember Dr. Slump
00.00h. Actuación do grupo Gin Tonics

cartaz festa pemento arnoia 24

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información