Esta fin de semana, 26 e 27 de outubro, celébrase en Teixeiro, no concello coruñés de Curtis, a edición número 24 da festa de exaltación dos cogomelos.
A celebración conta cun amplo programa de actividades. O sábado 26 está programada unha saída ao monte para a recollida de cogomelos coa Asociación Pan de Raposo. Será ás 10:30 horas. E o domingo, 27 de outubro, organizarase unha exposición dos cogumelos na Praza de España da vila coruñesa.
Ademáis, os durante toda a fin de semana, haberá degustación de distintos pratos elaborados con cogumelos e ruta gastronómica polos locais de hostalería de Teixeiro e Curtis.
As mellores tapas particicipantes na ruta gastronómica participarán nun concurso de petiscos no que se repartirán preto de 1000 euros en premios. A valoración farase por parte dun xurado profesional.