
Presentación do cartel da festa do Cocido de Porco Celta 2026 con representantes do Concello de Sarria, da Xunta de Galicia, dos hostaleiros e dos produtores
O Campo da Feira de Sarria acollerá o vindeiro sábado 31 de xaneiro a Festa do Cocido do Porco Celta, que chega este ano á súa maioría de idade e estrea nova imaxe para unha das citas con máis tradición do inverno galego.
“Este ano, ademais de estrear imaxe cun cartel deseñado polo artista sarriao Borja Doel, contaremos cun gran, en todos os sentidos, pregoeiro: Fernando Romay Pereiro, lenda do baloncesto, olímpico, que colabora en destacados eventos deportivos, sociais e gastronómicos e ademais de magnífico deportista un gran embaixador de Galicia”, salienta Geni Valcárcel, concelleira de Educación, Festas, Integración e Matadoiro do Concello de Sarria, que destaca o carácter desta xornada única que aúna gastronomía, cultura e tradición.
A celebración cumpre 18 anos e constitúe todo un evento social na comarca sarriá
A cita está promovida polo Concello de Sarria xunto con un grupo de hosteileros, coa colaboración da Xunta de Galicia, Vicepresidencia Diputación de Lugo e a Asociación de Criadores de Porco Celta de Galicia (Asoporcel), así como da empresa local Cárnicas Teijeiro como proveedor do porco celta para o evento.
800 comensais
Outra das novidades deste ano é o aumento do aforo no Mercado Gandeiro para acoller a todo o público que quere asistir a esta cita consolidada, que agarda volver reunir a máis de 750 persoas, para o que os preparativos no Campo da Feira xa comezaron.
A grande afluencia de público fixo que esta festa se trasladase no ano 2018 do polideportivo dos institutos da localidade, onde se viña celebrando desde os seus inicios, até o Campo da Feira, con maior capacidade para acoller aos asistentes.
As mesas de comensais, formadas cada unha delas por 13 persoas, volverán encher o mercado de gando municipal para disfrutar dun completo cocido
Os trece comensais de cada unha 60 mesas preparadas compartirán menú de sopa e un completo cocido de porco celta con chourizos, lacón, soá e butelo, grelos, patacas e garavanzos. Non faltarán tampouco o queixo con marmelo e o café de pucheiro.
As tarxetas para a participación neste concurrido cocido pódense reservar chamando ao teléfono 982535000. O prezo dunha mesa completa para 13 persoas é de 585 euros (45 euros comensal), acorde á calidade do produto que se vai servir.
Coceranse máis de 1.000 quilos de carne e medio cento de persoas traballarán como cociñeiros e camareiros
A infraestrutura necesaria é considerable, tanto en canto a instalacións como en canto a persoal. O día do cocido haberá 20 persoas na cociña e 25 camareiros traballando. No relativo á materia prima, usaranse 320 quilos de lacón, 270 quilos de cachola, 150 quilos de butelo, 70 de chourizos e 290 de soá, ademais de 300 quilos de nabizas. O cocido sírvese nunha vaixela especial de barro.
Programa
O recinto do Campo da Feira abrirá as súas portas á unha da tarde. A recepción dos asistentes estará amenizada pola música tradicional da Asociación Cultural sarriá Peleriños. Trala benvida do alcalde de Sarria, Claudio Garrido, e de outras autoridades, ás dúas da tarde procederase ao pregón a cargo do ex xogador de baloncesto Fernando Romay.
O pregoeiro deste ano será o xogador de baloncesto Fernando Romay
Como é habitual, despois das sobremesas, en torno ás 16:30 horas, faranse os tradicionais nomeamentos de Tixoleiros e Cazoleiras, cos que se distingue a figuras da hostalaría da localidade, para proceder ao peche da festa a última hora da tarde.
Como é costume, durante a festa entregaránse os galardóns de “cazoleira” e “tixoleiro” a figuras de la hostelería sarriá
Ao día seguinte, o domingo 1 de febreiro, a exhaltación do porco celta continuará nos restaurantes da localidade, cun menú a base de caldo de berzas e ovos con chourizo de porco celta. Poderán sumarse todos os establecementos que o desexen contactando co Concello de Sarria. De momento, xa confirmaron a súa participación o hotel Roma, o Mesón Roberto e o Pontenova de Samos.
Recuperación e crecemento dunha raza autóctona

A empresa local Cárnicas Teijeiro será a encargada un ano máis de subministrar a carne para o Cocido. Este establecemento con máis de 60 anos de historia foi das primeiras industrias galegas que apostou pola recuperación da raza de porco celta e pola transformación da súa carne en embutidos e produtos de calidade.
Cárnicas Teijeiro comezou fai 25 anos a elaborar produtos de porco celta e acaba de poñer en marcha a maior granxa de Galicia
Na actualidade, ademais de seguir mercando a pequenos produtores de toda a provincia de Lugo, Cárnicas Teijeiro decidiu montar a súa propia explotación de porco celta, que malia ser unha das de maior tamaño das existentes en Galicia segue mantendo o sistema de alimentación e cría tradicional do gando.
Na actualidade hai 137 criadores de porco celta en Galicia, a metade na provincia de Lugo
A comarca sarriá ten un peso importante na recuperación da raza de porco celta, xa que 13 das 65 explotacións existentes na provincia de Lugo atópanse en concellos desta comarca, segundo os datos de Asoporcel, a asociación de criadores desta raza autóctona.
Promoción turística a través da gastronomía
A celebración ten ademais dun sentido gastronómico e de posta en valor das producións tradicionais de Galicia, un aspecto non menos importante de promoción turística de toda unha comarca atravesada polo Camiño de Santiago e que conta con interesantes atractivos patrimoniais e paisaxísticos.
A gastronomía e as producións locais son cada vez máis un recurso económico importante e un potente atractivo a nivel turístico
A comarca de Sarria é atravesada polo Camiño de Santiago francés, o itinerario xacobeo con maior tradición histórica e o máis recoñecido internacionalmente, e os peregrinos que fan esta ruta acaban sendo despois embaixadores de Galicia.
Espérase que acudan personalidades de ámbito autonómico e estatal
Esta festa gastronómica é tamén un exemplo de colaboración institucional, xa que poñen o seu gran de area o Concello de Sarria, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo.

Galego









Control OJD