A Festa do Cabalo de Teixeiro celebra os seus 25 anos con actividades para todos os públicos

Probas de andadura, concurso morfolóxico, campionato galego de enganches e espectáculos ecuestres son as principais actividades programadas para a XXV Festa do Cabalo de Teixeiro, que terá lugar este domingo, 2 de agosto, no estacionamento do polígono industrial da capital do concello de Curtis.

Na organización do evento participan o propio concello, a Deputación Provincial da Coruña, a Xunta de Galicia, a Asociación Pura Raza Cabalo Galego e a Federación Hípica Galega. Dende a organización sinalan que haberá premios e trofeos para os vencedores das distintas probas.

Tamén está previsto que se entreguen distincións especiais ao grupo de xinetes máis numeroso, a muller, a cativa, o home adulto e o cativo de maior e menor idade que participen nesta cita xa clásica no calendario equino galego.

A programación está deseñada para que todo o público poida participar dunha ou outra maneira. Así, tanto xinetes non federados como participantes inscritos no Campeonato Galego poderán desfrutar activamente da xornada.

Nesta edición, os organizadores apostan pola busca do relevo xeracional nas explotacións cabalares. Por eso, todos os cativos e cativas menores de 12 anos que se presenten no recinto da festa montados nun cabalo recibirán unha medalla conmemorativa desta vixésimo quinta edición.

CABALO CURTIS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información