A multinacional Fertiberia Tech acaba de lanzar Neoforce Biocontrol, unha liña de produtos biotecnolóxicos funxicidas con efectos preventivos e curativos, con cero residuos e aprobados para o seu uso en agricultura ecolóxica. A liña consta de dous produtos: Neoforce Defender, un bioestimulante e elicitor natural con acción funxicida e con efecto preventivo, e Neoforce Protector, un funxicida con actividade bactericida, con efecto preventivo e curativo.
O Deoforce Defender consegue activar as defensas naturais das plantas contra o estrés biótico e abiótico. Ten unha acción estimulante que protexe os cultivos do ataque de fungos e bacterias; e está aprobado para agricultura ecolóxica. En termos prácticos, a aplicación de Defender está indicada para o control de diversas bacterias e fungos patóxenos, e con especial relevancia para previr enfermidades da madeira en vides e oliveiras e mildio en vides e patacas.
Doutra banda, as principais vantaxes de Neoforce Protector son a activación de resistencias sistémicas en plantas (prevención), a eliminación de fungos e bacterias (curación), e está aprobado para agricultura ecolóxica. Na práctica, a aplicación deste produto está indicada para previr e eliminar diversas bacterias e fungos patóxenos, especialmente mildio, alternaria e botrite en hortalizas e amorodos, moniliose, alternaria e botrite en ameixeiras e cítricos en alternancia.
“Traballamos co obxectivo de crear novas solucións que satisfagan as necesidades do mercado, sempre coa eficiencia e calidade que nos caracterizan. Esta nova liña de produtos abriranos o camiño en novos mercados estratéxicos, como o biolóxico e biotecnolóxico. É sen dúbida un paso importante para o futuro”, destaca António Santana Fernandes, responsable de negocio de Fertiberia Tech.
Xa no mercado
A nova gama de solucións foi testada en diversos cultivos e en diferentes circunstancias e comprobouse a súa eficacia. As probas aseguran unha maior resistencia das plantas e unha redución da incidencia e gravidade das infeccións. Os produtos están dispoñibles desde principios de maio no mercado.