A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Fertiberia Tech incorpora na súa liña de fertilización Nergetic a tecnoloxía Duo Pro

A compañía inclúe na súa gama de abonos unha dobre protección que protexe e prolonga a actividade do nitróxeno no solo para evitar perdas

Fertiberia Tech incorpora na súa liña de fertilización Nergetic a tecnoloxía Duo Pro

A nova gama de fertilización Nergetic Dynamic incorpora a tecnoloxía DUO PRO para protexer o nitróxeno e prolongar o seu efecto no solo.

A firma Fertiberia TECH deu un paso máis no camiño da sustentabilidade agraria, que esixe cada vez máis a protección dos solos de cultivos, reducindo ao mínimo o posible impacto ambiental dos fertilizantes. Así, a compañía acaba de incorporar á súa liña de abonos Nergetic Dynamic, a tecnoloxía DUO PRO que protexe o nitróxeno e prolonga a actividade deste, permanecendo activo no solo durante máis tempo.

DUO PRO incorpora dúas tecnoloxías de última xeración como son a xa coñecida tecnoloxía C-PRO, xunto a un novo inhibidor da nitrificación. Así, a liña Nergetic Dynamic con DUO PRO é unha solución innovadora e única no mercado, que marca unha evolución clara na protección de todos os nutrientes no fertilizante, evitando as perdas por lixiviación.

No caso específico do nitróxeno, con DUO PRO existe unha dobre protección (física e química), que aumenta aínda máis a eficiencia do uso do nitróxeno por parte dos cultivos. A protección física vai en forma de polímero regulador que recubre os gránulos de fertilizante e frea as perdas por lixiviación de nitróxeno nítrico e amoniacal. A protección química achégaa o inhibidor da nitrificación, que consegue unha diminución da lixiviación de nitróxeno nítrico.

A dobre acción da tecnoloxía DUO PRO controla a dispoñibilidade de tódolos nutrientes do fertilizante e inflúe positivamente no desenvolvemento vexetativo inicial dos cultivos, aumentando a súa produtividade ao final do ciclo. Nergetic Dynamic é o único fertilizante con dobre acción protectora sobre o nitróxeno nítrico e amoniacal, que mantén a velocidade de resposta e, ao mesmo tempo, un efecto prolongado.

Fertiberia-Tech-Nergetic-Dynamic-Geral

Con esta nova tecnoloxía, Fertiberia TECH reafirma a súa aposta pola sustentabilidade que marca a estratexia europea ‘Da Granxa á Mesa’, que prevé un ambicioso aumento na eficiencia no uso de fertilizantes no período 2020/2030, o que require produtos innovadores que permitan aos agricultores europeos harmonizar o seu labor esencial na produción de alimentos coa preservación do medio ambiente e a loita contra o cambio climático.

En resumo, coa nova gama Nergetic Dynamic DUO PRO redóbranse os beneficios para o agricultor, xa que aumenta a súa rendibilidade grazas á súa eficacia á hora de mellorar a nutrición dos cultivos, pero proporcionando a máxima protección do medioambiente.

-Consulta máis información na APP Fertiberia TECH 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *