Feiradeza celébrase este fin de semana con 104 animais a concurso

Feiradeza celébrase este fin de semana con 104 animais a concurso

Presentación de Feiradeza en Lalín. De esquerda a dereita, o edil de Gandeiría, Xosé Manuel Hermida; o tenente de alcalde Nicolás González; o alcalde Rafael Cuiña; a concelleira Lara Rodríguez e Pepe Rodríguez, de Africor Pontevedra.

Lalín acolle este fin de semana a trigésimo primeira edición de Feiradeza. O certame inclúe un concurso morfolóxico de gando frisón ó que está prevista a asistencia de 104 animais. Tamén haberá un concurso de xóvenes manexadores, unha poxa e o sorteo dunha becerra e dunha xovenca, entre outras actividades.

O novo goberno municipal de Lalín, encabezado por Rafael Cuiña, destacou que a súa intención pasa por continuar apoiando e reforzar Feiradeza, aínda que precisou que para próximos anos haberá que “darlle unha volta” a súa programación. O concelleiro de Gandeiría de Lalín, Xosé Manuel Hermida indicou que, debido ó pouco tempo que o equipo de goberno tivo para a preparación do certame, este vaise a desenvolver nesta ocasión de xeito similar a anos anteriores.

Programa
A inauguración oficial do certame será mañá sábado día 27 ás 15.30 horas. O concurso dará comezo ás 16 horas coa sección de xatas e xovencas, que se prolongará ata as 18.15 horas, momento no que terá lugar a competición de novos manexadores. O domingo 28 ás 10.30 arrancará o concurso de vacas de leite. Ás 13.15 celebrarase a VII poxa de gando frisón, na que serán subastados 7 animais “de gran calidade”, tal e como destacou Pepe Rodríguez, o coordinador de Africor Pontevedra, que tamén resaltou o nivel que está alcanzando Feiradeza como concurso de referencia a nivel galego. Para rematar, ás 14 horas procederase ao sorteo dunha xovenca e dunha becerra valorados en 1.000 e 500 euros respectivamente, para pechar a feira ás 14.30 cun xantar de clausura.

Por outra parte e, ao igual que noutros anos, a Deputación donou 10 lotes de 2 embrións cada un, dos que un entrará na poxa, dous serán sorteados, e o resto entregados como premio aos gandeiros gañadores.

Feiradeza 2015 tivo un orzamento de 19.500 euros, dos que 7.500 son destinados a premios. Hai que destacar a colaboración de Abanca con 1.000 euros e da empresa láctea asturiana Reny Picot con 500.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información