Os concelleiros de Agricultura e de Medio Rural do Concello de Lalín, Avelino Souto e Marcos Mariño, anunciaron hoxe que xa está en marcha a XL Feiradeza que este ano terá lugar os días 4,5 e 6 de xullo. Unha edición a que celebra as catro décadas de existencia deste certame que contará con varias novidades no eido dos complementos agrícolas e que será presentadas en vindeiras datas.
Ademais dos tradicionais concursos de raza frisona, o evento contará con numerosas novidades. Incluirase, como o pasado ano, un concurso de manexo de tractores con sustanciosos premios e como nos últimos anos, terá lugar no Lalín Arena que será acondicionado para tal evento.

Galego









Control OJD