A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Feiraco lanza tres iogures cos sabores máis elixidos

Amplía así a súa gama de produtos co lanzamento dos vasos de 125 gramos, que se poden obter en sabor natural, vainilla e fresa e poñen en valor o modelo cooperativo

Feiraco lanza tres iogures cos sabores máis elixidos

Feiraco amplía a súa gama de produtos co lanzamento de iogures en tres referencias: natural, vainilla e fresa, que se poden atopar en tendas e supermercados. Estes vasos lánzanse baixo o selo “produto de cooperativa CLUN” e o de “100 % orixe galego”, facendo así alusión aos seus puntos diferenciais.

Comercialízanse en packs de dúas unidades de 125 gramos en un envase de calidade e fácil de reciclar. A súa imaxe é unha fotografía real dun campo galego e no interior, unha vez consumido, pódese ver a imaxe e a historia de gandeiros e gandeiras responsables de conseguir a calidade de Feiraco.

“Un produto de cooperativa é un produto sen intermediarios, onde o modelo cooperativo está dende o campo, no coidado das vacas, na obtención do leite e ata a súa transformación e comercialización. Isto significa que elixir un produto de cooperativa é beneficiar directamente ao campo galego”, así o resumo Juan Gallástegui, director xeral de CLUN.

Co vaso reciclable, o envase deste produto tamén fala de sustentabilidade. Conta cunha capa de plástico fina e reforzo de cartón que se pode separar de xeito sinxelo e depositar cada material no seu contedor. Así, Feiraco contribúe a facilitar a reciclaxe e o coidado do medio ambiente.

Para a súa promoción, Feiraco tamén lanzou unha peza audiovisual protagonizada por gandeiros e gandeiras reais que presentan os iogures dende o campo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *