A Feira do Viño de Monterrei xa ten cartel anunciador

A obra gañadora, baixo o lema “Mi tierra, mi vino, mi fiesta”, foi escollida entre 56 propostas presentadas

Publicidade
A Feira do Viño de Monterrei xa ten cartel anunciador

Anuncio do cartel da XVIII Feira do Viño da D.O. Monterrei.

A vindeira edición da Feira do Viño de Monterrei xa conta co seu cartel anunciador. A proposta seleccionada foi realizada por Ángel Ligero Martínez, e foi escollida entre un total de 56 traballos que se presentaron ao concurso organizado polo C.R.D.O. Monterrei.

O autor da obra, que leva por lema “Mi tierra, mi vino, mi fiesta”, é deseñador e pintor. Leva máis de 25 anos participando en concursos de cartelismo, unha disciplina que lle apaixoa, e na que acadou numerosos galardóns.

Entre eles destacan os do Festival de Jazz de San Sebastián, o Festival de Ortigueira, os Entroidos de Bilbao, Vitoria ou Conil, así como festas en Haro, Caudete, San Roques Alfareños ou a Cabalgata de Reis Magos de Alcoy.

O xurado encargado de escoller o cartel gañador estivo formado por Manuel Vázquez, presidente do Consello Regulador da D.O Monterrei; Alberto Fernández e José Fernando Boo, vogais da entidade; Samanta Barreira, concelleira de Cultura, Conservatorio, Festexos e Turismo do Concello de Verín; María del Pilar Salgado, profesora de Artes e Oficios; e os artistas plásticos Xosé Rivada e Fernando Barreira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información