Este domingo 23 de Marzo celebrarase no municipio lucense de Friol a XXXI Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá.
Os actos comezarán ás 09.30 horas con a tirada de foguetes anunciando así o comezo da feira. Ás 10.00 horas procederase a a asignación das casetas e ás 11:00 horas terá lugar a apertura da feira onde se poderá degustar e adquirir o delicioso queixo artesán, incluído dentro da D.O. Arzúa-Ulloa e realizado enteiramente con leite de vaca, e o exquisito pan de Ousá.
A feira estará amenizada durante toda a mañá con o pasacalles a cargo da charanga Xesta Verde de Friol.
Pola tarde, ás 19.00 horas, terá lugar o concerto de Rosa Cedrón. Ás 22.30 horas dará inicio a romaría que estará animada pola orquestra New York.
Ás 01.30 da madrugada a XXXI Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá chegará ao seu fin.