A Feira do Queixo do Cebreiro exaltará este venres un dos queixos máis singulares de Galicia

queixo cebreiroEste venres, 3 de abril, celébrase a XXXVIII Feira do Queixo do Cebreiro en Pedrafita do Cebreiro para exaltar un dos queixos máis singulares de Galicia e mesmo de España.

Durante a feira, que comezará a partir das 09.30 horas, as queixerías acollidas ao Consello Regulador, porán á venda os seus deliciosos queixos a prezos populares.

Os asistentes a esta xornada tamén poderán adquirir outros produtos elaborados de forma artesá, como mel, viño, pan, artigos de coiro, …, desfrutar a partir das 11.00 horas co pasarrúas da charanga DGT e ás 12.00 horas deleitarse con baile galego de a Asociación Cultural Abrente das Nogais.

Este ano o pregón, acto que terá lugar ás 13.00 horas, estará a cargo de Dna. Carmela López, presidenta da Deputación Provincial de Lugo.

2026 Feira do Queixo do Cebreiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información