A VII Feira do Mel celebrarase o domingo 17 de agosto nos Xardíns do Concello de Moaña, organizada pola Asociación Galega de Apicultura en colaboración co Concello de Moaña. Unha xornada dedicada ao mel, á apicultura e ao lecer para toda a familia.
Programa da xornada:
– 11.00 – Apertura dos postos da Feira
– 11.30-13.00 – Espazo Infantil: Obradoiro cativos
– 12.00-13.30 – CODIA E MIOLO (cómicas en directo)
– 14.00 – Sorteo sorpresa
– 17.30-18.30 – Espazo Infantil: Obradoiro cociña para cativos
– 18.30 – Espazo Infantil: Merenda saudable para a rapazada
– 19.00 – Desfile e actuación do grupo de gaitas MEIRAMAR-AXÓUXERES
– 20.00 – Espectáculo de maxia: ÓSCAR, MAXIA NA MANGA
– 21.00 – Sorteo sorpresa final

Galego





Control OJD