Feira do Mel de Montaña este fin de semana en Muras

Feira do Mel de Montaña este fin de semana en Muras

O concello lugués de Muras celebra esta fin de semana, 9 e 20 de novembro, a séptima edición da Feira do Mel de Montaña, cun amplo programa de actividades arredor deste produto de recoñecido prestixio que logran os apicultores na Serra do Xistral.

Velaquí as actividades previstas:

Sábado:

Concurso de calidade de mel de Muras no colexio do Viveiró.

-Relatorio do doutor en Bioloxía e experto en apicultura Jaume Cambra sobre “Control de Varroa en Apicultura Ecolóxica” no colexio do Viveiró. Asistencia gratuita ata completar aforo.

-Degustación gratuita de liscos e castañas na carpa do colexio e alí tamén a actuación musical do “Dúo Eclipse”.

Domingo:

-Obradoiros infantís na praza do Viveiró.

-Mostra de xantares e degustación a cargo de Lucía Freitas (chef Estrela Michelín).

-Pausa xantar na carpa e despois Showcooking de coctelería con mel a cargo do bartender e docente de restauración Diego Mosquera, ademais dun obradoiro infantil.

-Entrega de premios do concurso de calidade do mel.

programa feira mel muras 2022

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información