A Feira do Mel de Montaña cumpre dez edicións como escaparate da calidade  das producións apícolas de Muras

As producións de mel locais son as protagonistas da feira, que se celebra o 17 de novembro no Viveiro

presentacion feira mel de muras 2025Muras celebra esta fin de semana a Feira do Mel de Montaña, un evento centrado na promoción da calidade das producións locais que chega este ano á  décima edición.

O deputado de Rural Daniel García e o alcalde de Muras Manuel Requeijo, acompañados polas concelleiras Paula Gómez e Azucena Camba e polos responsables da Casa do Mel de Goente Isabel Goti e Manuel Ferreira, presentaron o evento, organizada polo Concello de Muras coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A feira, que se celebrará na Praza do Viveiró, contará con máis dunha vintena de postos de venda de mel e doutros produtos de temporada e proximidade, entre eles sete postos de apicultores e apicultoras de Muras e da contorna.

Manuel Requeijo  valorou a década de traxectoria do evento “ que naceu como unha proposta para dinamizar esta zona do concello e que se consolidou como unha feira de referencia para as producións locais e para o sector” e encadrou a organización “nas iniciativas que desenvolvemos desde o goberno municipal para apoiar o noso sector primario”

Daniel García destacou “a importancia destas iniciativas de promoción e comercialización directa que apoian a produción de alimentos de proximidade e a diversificación produtiva no sector primario, neste caso, unha actividade como a apicultura que xenera rendas complementarias para as persoas que viven no rural e contribúe ao mantemento do medio natural”.

A feira compleméntase cun programa lúdico cunha demostración de cociña -a cargo de Cristina Tizón- , un obradoiro de cociña infantil, un magosto popular e animación musical e espectáculos infantís no recinto durante toda a xornada.

Ademais, na véspera da feira, celébrase unha xornada técnica cunha cata de mel  na que poden participar as producións agrícolas do concello e na que se recoñecen os dous mellores meles de montaña e o mellor mel monofloral de breixo.

Programa: 

FEIRA MEL MURAS 25 CARTAZ 2 FEIRA MEL MURAS 25 CARTAZ 1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información