A feira Galiforest Abanca será do 8 ao 10 de xullo de 2021

A feira Galiforest Abanca será do 8 ao 10 de xullo de 2021

O comité organizador de Galiforest Abanca, o cal se reuniu esta mañá a través de videoconferencia, decidiu que a sexta edición deste monográfico forestal se celebre do 8 ao 10 de xullo 2021. Será de novo no monte do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (en Boqueixón, preto de Santiago de Compostela).

O certame, previsto inicialmente entre o 25 e o 27 do pasado mes de xuño, pospúxose debido á alerta sanitaria xerada polo covid-19, con intención de ser celebrado en setembro ou outubro. Sen embargo, a incerteza que segue existindo sobre a situación derivada do coronavirus, levou ao comité organizador a tomar esta decisión.

Con este novo aprazamento o obxectivo é que o monográfico garanta o seu alto nivel de resultados tanto no plano expositivo como de público, o cal supuxo unha magnífica progresión que na súa última edición se traduciu na participación de 254 firmas expositoras, un 40% máis que na anterior convocatoria, das cales 76 eran expositores directos, un 33% máis. Entre estes últimos triplicouse o número de empresas estranxeiras, o que permitiu que o Ministerio de Industria, Comercio y Turismo lle concedera á feira o selo de internacionalidade a efectos aduaneiros. En total os expositores ocuparon 11.875 metros cadrados netos, un 24% máis, e foron visitados por 5.600 profesionais do sector.

“Estas cifras conlevan unha gran satisfacción por parte de expositores e visitantes que ten convertido a Galiforest Abanca nun espazo de referencia para o sector forestal, unha condición que a organización quere seguir mantendo. E para iso é necesario asegurarse de que o certame non se verá prexudicado de ningún xeito por posibles aspectos derivados da crise sanitaria de covid-19”, aseguran dende o comité organizador.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información