A feira Galiforest 2026 acadará a maior superficie expositiva da súa traxectoria

A dous meses para a súa celebración, superou nun 12% o anterior récord e seguirá medrando, xa que continúa o prazo de comercialización de espazos e hai xestións abertas con empresas

A feira Galiforest 2026 acadará a maior superficie expositiva da súa traxectoria

A Feira Internacional de Galicia segue traballando na organización da oitava edición do seu monográfico forestal Galiforest, o cal se celebrará do 2 ao 4 de xullo no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).

A dous meses para a súa celebración, o evento xa superou a maior superficie alcanzada pola feira desde a súa posta en marcha ao contratarse ata o momento 17.247 metros cadrados, un 12,6 % máis que a cifra que tamén supuxera un récord na anterior edición, 15.306 metros cadrados.

Conta cunha ampla mostra de produtos e novidades e que se espera que medre, xa que o prazo de comercialización aínda está aberto. O número de expositores tamén prevén que se supere, dadas as cifras actuais e as xestións aínda abertas con distintas empresas.

De forma paralela a esta exposición o certame ofrecerá un programa completo de actividades que reforzarán o monográfico como punto de encontro sectorial e que está a ser deseñado pola Feira Internacional de Galicia e o comité do certame baixo dúas premisas: Por unha banda, o seu carácter dinámico, con protagonismo de demostracións continuadas de maquinaria e talleres formativos. Por outra, o seu valor como foro de converxencia de empresas, profesionais e Administración a través de simposios e asembleas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información