Deste este venres e até o domingo celébrase a Feira degustación de carne Tenreira Galega con indicación xeográfica protexida no lugar de Pobra de San Xiao, no municipio de Láncara. Os asistentes poderán degustar esta exquisita carne e gozar coas diversas actividades programadas para a ocasión.
Programa:
Venres 29 de Abril, comezan os actos ás 20.00 horas cunha Food Truck Experience onde os asistentes poderán degustar hamburguesas e pizzas de tenreira galega. Ás 22.00 horas, actuación do Dj Miguel de Cendoi.
Sábado 30, nesta xornada levará a cabo a XIII Festa dos Avós no Campo da Feira. A ás 12.00 horas será a recepción da corporación municipal, dando paso, ás 12.30 horas a a homenaxe ao persoal sanitario. Ao finalizar, actuación do grupo de gaiteiros da Asociación Cultural Val de Láncara. Chegada a tarde, ás 17.00 horas, disputarase o campionato de tute e parchís.
Domingo 1 de Maio, ás 9.00 horas terá lugar a apertura da XXIII Feira Degustación da Tenreira Galega e ás 11.30 horas un grupo folclórico animará os pasarúas. Ás 12.15 horas será a apertura das casetas de degustación gratuíta de queixos artesáns, marmeladas e sidra ecolóxica do país. Ás 13.00 horas sesión vermú a cargo de Punto Clave, dando paso, media hora máis tarde, a a lectura do pregón a cargo de Rocío López Núñez. Xa, ás 14.0 horas, comezará unha amena comida, na que todos os asistentes poderán degustar un exquisito menú elaborado para a ocasión a base de carne de tenreira galega suprema e outros produtos do campo.
Pola tarde, ás 17.00 horas, realizarase a entrega de premios do Concurso de Gando Vacún e Cabalar e ás 18.00 horas veciños e visitantes poderán gozar coa festa, que estará amenizada por orquestra Punto Clave.