Feira de produtos apícolas este sábado en Allariz

Feira de produtos apícolas este sábado en Allariz

Na presentación do evento estiveron presentes Noela Torres, técnica de AGA, Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente e María López, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo.

Este sábado, 3 de setembro, celebrarase no concello ourensán de Allariz a IV Feira dos produtos apícolas, un evento que tenta consolidarse coma unha das feiras de referencia do sector en Galicia. Contará con 12 postos que xunto cos apicultores locais formarán un gran escaparate que amosará toda a súa riqueza e diversidade no entorno da Praza do matadoiro (no exterior do mercado da reserva da Biosfera) en horario de 10h a 20h.

Na feira poderase atopar venda de produtos apícolas. O visitante poderá tamén coñecer unha gran variedade de meles ademais dos diferentes produtos da colmea, como o pole ou o própole e outros derivados do mel coma poden ser infusións, cervexas ou cosmética apícola. A intención da feira é afastarse da idea tradicional de mercado e amosar algo máis que os produtos da colmea.

Durante a xornada desenvolveranse actvidades variadas:

Ás 13 h terá lugar unha actividade de degustación de produtos apícolas con produtos do Mercado da Reserva da Biosfera.
Ás 16.00h terá Lugar a presentación da delegación de AGA en Allariz.
Ás 17:00h a presentación do libro “Reprodución apícola” e Marcos Varela. Charla sobre a cria de raiñas.
Ás 18,30h será a presentación da Delegación AGA mulleres de Galicia.
Ás 19;30h realizarase o sorteo de dúas cestas con produtos apícolas entre todas as persoas que participen mercando na feira.

A Asociación Galega de Apicultura e o Concello de Allariz organizan de forma conxunta esta feira coa intención de pór en valor este produto e todos os seus derivados. Ao longo do ano AGA e concello colaboran tamén con iniciativas como o Día da Abella ou a través de cursos de formación para o sector. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información