O concello pontevedrés de Rodeiro celebrará o día 19 deste mes a XIV Feira da Vaca Rubia Galega do País, coa participación mais alta de animas de todo Galicia para este ano.
O municipio organizou, durante a última década dos anos noventa e a primeira dos dous mil, a Feira da Vaca Rubia Galega, que se celebraba anualmente no recinto feiral da parroquia de Río.
No ano 2024, a raíz das primeiras xornadas SABOR LABREGO, decidiuse recuperar a feira e que esta seria organizada entre a Asociación de Gandeiros de Rubia Galega do Pais e o Concello de Rodeiro. Na edición deste ano súmase como parte organizadora a Cooperativa O Rodo.
Trátase dun evento referente autonómico dentro da provincia de Pontevedra e nun punto de encontro imprescindible para gandeiros, criadores e público en xeral.
A programación prevista para a mañá do día 19 inclúe, en primeiro lugar, a poxa de xatos e xatas. A continuación celebrarase o concurso de gando, no que se darán cita arredor de máis de 105 exemplares procedentes de 15 gandeiros das 4 provincias galegas, converténdose así na feira con máis vacas para concurso de Rubia Galega de toda Galicia e na segunda con maior número de animais de toda a historia dos concursos autonómicos. O certame repartirá 16 recoñecementos distribuídos en 6 categorías, coa finalidade de poñer en valor a excelencia da raza Rubia Galega e o traballo dos gandeiros.
Unha destas categorías é de nova creación e única neste tipo de encontros. Un categoría “popular” onde veciños e veciñas da localidade van opinar sobre cal é a vaca que mellor se representa a antiga “Vaca do País”. Un recoñecemento que redunda no propósito de recuperación do tipo de vaca polo que apostan dende o concello e dende a asociación.
Programa:
Domingo 19 de outubro
Ás 9:00h.- Apertura do recinto para entrada de animais.
Ás 11:00h.- Recollida de tarxetas para a poxa.
Ás 11:30h.- Apertura da Feira da Vaca Rubia Galega do Pais.
Ás 12:30h.- Poxa de xatas e xatos de Raza Rubia Galega.
As 13:30h.- Palabras institucionais.
Ás 14:00h.- Concurso de Rubia Galega.
Haberá carpa con polbo, carne ao caldeiro e churrasco. A carne de becerro será de carnicerías e de ganderías de Rodeiro.

Galego









Control OJD