A celebración da XXXVIII Feira Apícola Rías Baixas terá lugar no Porriño o próximo 18 de abril. Trátase dun evento de gran relevancia que inclúe as Xornadas Técnicas Internacionais, alén da Feira do Mel e Mercado, con actividades como catas, showcookings e talleres.
Na xornada anterior, o 17 de abril, xa se abrirá a cita con actividades para os nenos, permitíndolles coñecer o mundo da apicultura e os beneficios que achegan as abellas. Ademais, tamén se iniciará o roteiro de tapas polos distintos locais do municipio.
Programa completo

Galego








Control OJD