A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Farming Agrícola gaña presenza en Galicia con novas instalacións en Frades

A empresa ofrece un amplo abano de maquinaria e servizos para os gandeiros da Coruña e do resto de Galicia

Farming Agrícola gaña presenza en Galicia con novas instalacións en Frades

A empresa Faming Agrícola ven de estrear recentemente as súas novas instalacións en Frades, que contan con 4.000m2 edificados, e un total de 4 hectáreas de superficie. Deste xeito, atenden aos seus clientes prestando un servizo de calidade, no que a dedicación e a atención postventa son dous alicerces fundamentais nos que traballa día a día o seu equipo humano, con dilatada experiencia no sector.

A oferta de maquinaria nova caracterízase polos seus equipos de alta calidade entre os que destacar, debido ao tipo de explotación da zona, os tractores Steyr, con altos niveis de tecnoloxía incorporada.

O centro ofrece tractores Steyr, maquinaria para forraxe, carros mesturadores e outros equipos precisos en explotacións gandeiras

A maquinaria relacionada coa forraxe non queda atrás, os equipos de Krone compleméntanse á perfección coas encintadoras de Tanco e, seguindo co proceso, coa maquinaria para a posterior alimentación do gando: carros mesturadores BvL e Faresin e outros equipos para explotación gandeira da marca Bauer. Amazone completa a gama cos seus equipos de sementa, abonado e pulverización.

Farming Agrícola é distribuidor de Gea Robotics para a provincia da Coruña

Ademais, Farming Agrícola é distribuidor de Gea Robotics para a provincia, na que xa instalou varias unidades do seu produto estrela: un robot de muxido de última tecnoloxía.

Farming Coruña non só ofrece equipos novos, conta cun espazo na delegación destinado á maquinaria de ocasión. Alí, xa comezan a poder verse as máquinas usadas cuxo stock irá aumentando nas próximas semanas e meses.

O servizo de recambios e de taller están tamén a completa disposición do cliente

O servizo de recambios e de taller están tamén a completa disposición do cliente, mesmo en fins de semana ou días festivos cun servizo de atención de urxencia que resolve as incidencias tanto en maquinaria como en robots de muxido, que son imprescindibles para poder continuar coa actividade da explotación.

Desde Farming Agrícola, esperan aos clientes nas súas instalacións (N-634 Km 687) cos brazos abertos e ofertas especiais de inauguración, e animan aos profesionais a achegarse a coñecer Farming Coruña onde poderán resolverlles calquera cuestión que poida xurdirlles e ofrecerlles a mellor atención.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *