A farmacéutica galega Zendal lanza a primeira vacina contra a Enfermidade Hemorráxica Epizóotica (EHE)

A empresa con sede no Porriño (Pontevedra) caba de recibir a autorización da Axencia Española do Medicamento (AEMPS) para o seu uso contra a EHE, enfermidade vírica infecciosa que afecta a rumiantes domésticos e salvaxes.. Vetia Animal Heath filial de Zendal dedicada á saúde animal, será a encargada de comercializar a vacina.

zendal laboratorio vacinas 2
O grupo Zendal lanza ao mercado a primeira vacina para previr o virus da enfermidade hemorráxica epizoótica, serotipo 8. Faino tras recibir nesta semana a autorización temporal de uso (1), por parte da Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios que permite o seu uso na especie bovina. Para logralo, foi indispensable a colaboración da AEMPS que se mostrou sensible en todo momento á necesidade da gandaría axilizando o máximo posible as autorizacións sen por iso reducir os requisitos indispensables para garantir a calidade, seguridade e eficacia da mesma.

O serotipo 8 do virus da EHE foi diagnosticado por primeira vez no suroeste de España en novembro de 2022. Posteriormente, detectouse a difusión desta enfermidade que afecta especialmente aos rumiantes en todo o territorio nacional, exceptuando a data hoxe os territorios insulares de Baleares e Canarias.

Para facilitar o acceso do sector gandeiro  a este novo produto, o grupo biotecnolóxico con sede no Porriño prioriza o mercado español no seu plan de vendas desta vacina. Farao ademais cunha primeira fase de produción de 2 millóns de doses que serán comercializadas por Vetia Animal Heath, filial dedicada á saúde animal.

“Nos últimos meses, desde o grupo Zendal estívose traballando de maneira intensa para chegar á obtención dunha vacina que puidese previr esta enfermidade que está a afectar á gandaría do noso país. Así, chegouse á obtención desta vacúa inactivada do virus, que se administrará por vía subcutánea en dúas dose cun intervalo de 3 semanas”, explican dende o grupo.

A área de saúde animal do grupo Zendal conta con importante experiencia en desenvolvemento de vacinas para sanidade animal, con fitos relevantes no seu porfolio como o desenvolvemento de vacinas destinadas a Paratuberculose do gando bovino, ovino e caprino; vacinas contra a Brucelose en rumiantes ou fronte E. coli en porcinos. Proxectos aos que se suma a gama de vacinas Bluevac contra a enfermidade da Lingua Azul fronte a diferentes serotipos do virus e que do mesmo xeito que con esta nova vacina contra a EHE desenvolveu en tempo récord e chegou a fornecer máis de 100 millóns doses de vacina de lingua azul en Europa en 2008.

(1 ) A autorización temporal de uso foi outorgada pola AEMPS a CZ Vaccines do grupo Zendal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información